30 de out. de 2023

CAMPOSANCOS (A GUARDA)

SAMAÍN PARA PERSOAS DE TODAS AS IDADES

 O martes, 31 de outubro, ás 20:00 hora, no eirado da Casa da Comunidade de Montes de Camposancos




Ricardo Rodríguez Vicente / Camposancos

 A Asociación Rego de Bicosán, co patrocinio da Deputación de Pontevedra e a colaboración da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Camposancos, organiza a celebración do Samaín. O evento aberto a participación de todos os públicos,  será este martes, día 31 de outubro de 2023, ás 20:00 horas, no eirado da Casa da Comunidade de Montes.

 Amenizarán as contacontos Iseo A Moura e Sonia Bernardini. 

Samaín

 Samaín provén da palabra gaélica 'Samhain', que significa novembro, e tamén 'fin do verán'. A tradición dínos que os celtas celebraban o final do verán e das colleitas, con diferentes ritos que perduraron ao longo dos tempos ata nosos días.

 É moi importante que se manteñan esas tradicions ancestrais que teñen relación coa prehistoria e cultura de noso, e mesmo coa gastronomía desta época do ciclo anual.

Ningún comentario:

Publicar un comentario