7 de set. de 2023

A GUARDA

Álex Sierpes Pereira e Antía Rodríguez Otero, vencedores absolutos da Carreira Pedestre Virxe da Guía, 2023

Ambos os dous deportistas forman parte da Sociedade Atlética do Trega


Álex Sierpes Pereira e Antía Rodríguez Otero, vencedores absolutos da Carreira Pedestre Virxe da Guía

Antía Rodríguez Otero, entrando en liña de meta
Fotos: Cedidas


Infogauda / A Guarda

 Nun ambiente festivo e familiar, e cunha participación de 170 atletas (69 féminas e 101 varóns), o pasado domingo día 3 de setembro celebráronse en Ribadavila, as Carreiras Pedestres Virxe da Guía 2023. 

 A devandita proba deportiva - decana do Baixo Miño - forma parte da variada programación das festas dese barrio guardés, organizadas pola Comisión de Festas da Guía, e que esta fin de semana (venres día 8; sábado día 9; e domingo día 10 de setembro), terá seus días grandes. 

 Os atletas das categorías 0-3; 4-6; 7-9; 10-12 foron en todo momento animados polo numeroso público que acudiu á Praza da Guía. 

 As primeiras carreiras da gran maioría deles conlevou os primeiros choros e tamén as primeiras sensacións  pola participación en algo novedoso e inédito para eles. 

 Despois de percorrer as distancias correspondientes en cada unha das categorías polos arredores do barrio da Guía, tivo lugar a proba para a categoría absoluta na que houbo unha excelente participación, destacando os numerosos compoñentes da Sociedade Atlética do Trega. 

 O seu recorrido polas rúas Rosal, Vicenta Rodríguez Cachada, José Manuel Andreini, Galicia, República Dominicana, O Castro, As Loucenzas. praias de Area Grande e Fedorento, rúa Irmáns Noya, Solanas, Calvario, e Praza da Guía, deron unha excelente nota de colorido e esforzo nesa tarde estival. 

 O gañador absoluto masculino foi Álex Sierpes Pereira, de A Guarda, que cun tempo de 18:01,  fulminou os anteriores rexistros, mostrando unha progresión envexable, e ao que lle auguramos un brillante porvir no atletismo, como xa o vén demostrando. 

 Na categoría femenina absoluta, a gañadora foi Antía Rodriguez Otero, de Tomiño, que realizou unha meritoria carreira, cun tempo de 24:41, logrando un duodécimo posto na clasificación xeral. 

 Tanto Álex Sierpes como Antía Rodríguez, forman parte do club Sociedade Atlética do Trega.

 O evento - que foi presenciado por numeroso público -, contou coa colaboración da Policía Local de A Guarda, voluntarios Protección Civil de O Rosal, e membros da organización.

 No acto de entrega de trofeos participaron o alcalde, Roberto José Álvarez Carrero, e o concelleiro de Cultura e Deportes, Celso Rodríguez Fariñas, así como outros membros da corporación municipal de A Guarda e tamén da comisión de festas.

 "Finalmente a Comisión Organizadora quer agradecer as diferentes colaboracións coas que contou para unha boa realización das probas. Decirlles que sigan colaborando para facer posible este tipo de eventos", indicou Manuel Fajar Salcidos, membro da organización das Carreiras Pedestres Virxe da Guía.

RESULTADOS DA CARREIRA PEDESTRE VIRXE DA GUÍA 2023 

CARREIRA ABSOLUTA

FEMININO 13 – 15 ANOS

POSTO

DORSAL

NOME E APELIDOS

TEMPO

37

Paula Rocha Bautista

26:03

239

Helia Alonso Romero

28:43

 

FEMININO 16 – 21 ANOS

POSTO

DORSAL

NOME E APELIDOS

TEMPO

47

Antía Rodríguez Otero

24:41

238

Mara Romeu Vicente

26:40

31

Claudia Dorado Acevedo

30:17

38

Carla Rocha Bautista

31:12

384

Tania Dorado Acevedo

31:45

 

FEMININO 22 – 30 ANOS (Non houbo participantes)

FEMININO 31 – 40 ANOS

POSTO

DORSAL

NOME E APELIDOS

TEMPO

29

Belén Bascoy Cao

25:13

24

Catarina Triñanes Tedín

25:40

 

FEMININO 41 – 50 ANOS

POSTO

DORSAL

NOME E APELIDOS

TEMPO

39

Kinga Maculewicz

26:45

33

Raquel Zapata Rodríguez

36:12

246

Beatriz García Alonso

41:13

248

María Herranz

41:15

 

FEMININO + 50 ANOS

POSTO

DORSAL

NOME E APELIDOS

TEMPO

233

Beatriz González López-Valcárcel

34:20

 

MASCULINO 13 – 15 ANOS

POSTO

DORSAL

NOME E APELIDOS

TEMPO

35

Álex Sierpes Pereira

18:01

34

Alejandro Santos Adrover

20:41

104

Andrés Crespo Iniesta

40:25

 

MASCULINO 16 – 21 ANOS

POSTO

DORSAL

NOME E APELIDOS

TEMPO

41

Cristian Sierpes Pereira

19:20

105

Iván López Martínez

33:18

106

Gabriel González Rolán

33:47

 

MASCULINO 22 – 30 ANOS

POSTO

DORSAL

NOME E APELIDOS

TEMPO

26

Cristian Martín Penín

25:40

54

Cristian Valencia Rodríguez

36:13

 

MASCULINO 31 – 40 ANOS

POSTO

DORSAL

NOME E APELIDOS

TEMPO

74

Josué Moreno Lira

19:52

412

José Antonio Vázquez Fernández

21:40

240

Antolín Martínez Martínez

21:50

247

Tito Comesaña Vázquez

24:45

70

David Lorenzo Acevedo

25:17

73

Daniel Fernández Cerzón

26:41

46

Sergio Rodríguez Martínez

27:15

 

MASCULINO 41 – 50 ANOS

POSTO

DORSAL

NOME E APELIDOS

TEMPO

71

José Carlos Ferreira González

19:25

250

Antonio Liébanas Méndez

19:40

59

Eloy Rodríguez Lorenzo

22:43

36

José Antonio Santos Da Cuña

23:00

63

Celestino Santos Da Cuña

24:02

43

José Ramón Carrera Pazos

24:51

27

Agustín Míguez De La Iglesia

25:49

42

Abel Rocha Ozores

26:31

232

Jesús María Alonso Pacheco

27:45

10º

28

Miguel Lomba González

29:36

 

MASCULINO + 50 ANOS

POSTO

DORSAL

NOME E APELIDOS

TEMPO

32

Francisco Rodríguez Silva

26:26

44

Manuel Casaleiro Fernández

26:35

45

Fernando Martínez Giráldez

26:57

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario