22 de xul. de 2023

TURISMO

Alfonso Rueda percorre un treito do Camiño Portugués pola costa 

Acompañado de mozos galegos do exterior que participan no programa 'Conecta co Camiño'

 

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda percorreu esta mañá un treito do Camiño Portugués pola costa

Foto: X.G.


Infogauda / Redondela

 O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda Valenzuela, percorreu esta mañá un treito do Camiño Portugués pola costa acompañado de mozos galegos do exterior que están a participar nas actividades do programa Conecta co Camiño.

 Nesta iniciativa, que organiza a Secretaría Xeral da Emigración en colaboración coa Consellería de Política Social e Xuventude, están a participar 50 mozos e mozas de entre 18 e 20 anos procedentes de países como A Arxentina, Brasil, Cuba, O Uruguai ou Venezuela.

 O programa ten como finalidade facilitar o contacto coa cultura e xeografía galegas por parte da mocidade da Galicia exterior. Así, desde o 21 e ata o 30 de xullo realizaranse diferentes tramos do Camiño de Santiago Portugués e da Costa ata Compostela, así como actividades orientadas a coñecer a historia xacobea e o patrimonio cultural vencellado á zona da contorna.

Ningún comentario:

Publicar un comentario