13 de xul. de 2023

TUI

Aprazados os concertos desta fin de semana en Tui de ‘Sons na rúa’

Celebraranse o venres 28 de xullo e o venres 11 de agosto no paseo da Corredoira e na praza do Concello




Infogauda / Tui

 Os concertos previstos para mañá venres e o sábado á tardiña na Corredoira e na praza do concello dentro de ‘Sons da rúa’ veñen de ser aprazados debido á previsión de choiva.  

 As novas datas serán o venres, 28 de xullo, e o venres 11 de agosto.  

 Así o venres 28 ás 21 h no Paseo da Corredoira actuará Acevedos Delgados e ás 22 h na praza do concello, Pacheco Bros.  

 Pola súa banda, Acevedos Delgados é un grupo de Goián formado polos músicos Andrés Acevedo e Davinia Delgado, que realizan versións de cancións xa populares pero tamén interpretarán os seus propios temas con toques de pop, blues e rock.  

 Pacheco Bros dúo, formado polos irmáns vigueses Javi e Diego Pacheco, ofrecerá un espectáculo en acústico combinando guitarras e voces. Percorrerán a historia da música pop rock e o blues dos anos sesenta, con versións de temas máis recoñecidos e tamén actuais.  

 O venres 11 de agosto ás 21 h no Paseo da Corredoira estará en concerto Km Zero, e ás 22 h na praza do concello, Manuel Madarnás.  

 Km Zero é un grupo tudense creado en Rebordáns e conformado por Karla Lima (voz) e Fran Gómez (guitarra). Ambos realizan versións de temas actuais pero tamén máis clásicos e recoñecidos, recurrindo ao pop.  

 O trompetista tudense Manuel Madarnás presentará o seu proxecto musical “La MMarca”, que está enfocado na música pop. Nesta ocasión estará acompañado polo guitarrista Sic Salem e do baterista Jorge Pimentel.

Ningún comentario:

Publicar un comentario