16 de xul. de 2023

TOMIÑO

Esta tarde no mitin do Baixo Miño en Tomiño, coa secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, e a voceira local, Lara Meneses.  

Nidia Arévalo sinala a Feijóo como un valor seguro para os concellos: “sabe que España se constrúe desde cada pobo e cada aldea”   


A candidata ao Senado, Nidia Arévalo, con Paula Prado, secretaria xeral do PPdeG, e a voceira local, Lara Meneses, no mitin de hoxe na Praza do Seixo



Infogauda / Tomiño

 Paula Prado pide o voto para o PP a todos os que queiran que sexa posible ter catro deputados en Pontevedra e que “esta provincia teña a voz que merece no Consello de Ministros, agora que acabamos de recuperala na Deputación”.   

 A candidata ao Senado, Nidia Arévalo, asegurou que votar o domingo a Feijóo é “un valor seguro” para o Baixo Miño: “un presidente que coñece cada recuncho de Galicia e cada camiño do voso concello, que lle dá a máxima importancia ao municipalismo, que sabe que España se constrúe en todas e cada unha das persoas de todos os pobos e aldeas, non só das cidades, e por iso vaivos dar a importancia que merecedes”. 

 Sinalou que o seu traballo como presidente da Xunta “é o mellor aval que garante como traballará como presidente do país, con lealdade, con eficacia, con rigor e con responsabilidade”

 “En todas as maiorías Feijóo mellorou Galicia. Apostou polo sector produtivo, creou unha sanidade e educación de calidade e a súa xestión foi exemplo e referencia para o resto do país. Cambiou Galicia como cambiará España, con sentidiño”, engadiu. 

 Como número 3 ao Senado por Pontevedra, comprometeuse “a defender e desbloquear os temas que quedaron paralizados con Sánchez. Pídovos o voto para os que traballan, para os que se comprometen coa palabra dada, para os que van defender aos vosos concellos en Galicia e no Goberno de España”.  

PAULA PRADO: “O BNG FOI TROLEADO POLO SANCHISMO” 

 Paula Prado, a secretaria xeral do PPdeG recordou que quen apuntalou estes cinco anos de Goberno de Sánchez foi o mesmo BNG que goberna en Tomiño e que firmou un cheque en branco con Sánchez e o PSOE: “O BNG foi troleado polo sanchismo”.   

 Paula Prado pediu o voto para o PP a todos os que queiran que sexa posible ter catro deputados en Pontevedra e que “esta provincia teña a voz que merece no Consello de Ministros, agora que acabamos de recuperala na Deputación”. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario