Turismo de Galicia publica a licitación das obras da fortaleza de Santa Cruz
O financiamento levarase a cabo cos orzamentos da Comunidade galega dentro do Plan Xacobeo Next Generation por importe de 192.437€
Infogauda / A Guarda
Turismo de Galicia vén de publicar na páxina web de Contratos de Galicia a licitación do proxecto de mellora dos accesos da fortaleza de Santa Cruz, no concello de A Guarda, cun orzamento base de 192.437€.
Previamente, asinouse un acordo cooperación entre a Axencia Turismo de Galicia e o Concello de A Guarda, para poñer a disposición do departamento do Goberno autonómico os terreos precisos para acometer as obras de dotación de alumeado ecoeficiente da infraestrutura da muralla da fortaleza, a creación de controis de acceso para a xestión dos fluxos turísticos, a mellora dos accesos e a posta en valor do edificio.
O financiamento das obras levarase a cabo en dúas anualidades, cos orzamentos da Comunidade galega dentro do Plan Xacobeo Next Generation, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea, Next Generation EU.

Ningún comentario:
Publicar un comentario