17 de xuño de 2023

TOMIÑO

SANDRA GONZÁLEZ ÁLVAREZ, REELEXIDA ALCALDESA DO CONCELLO DE TOMIÑO

E xunto co seu equipo, volverá a gobernar con maioría absoluta


Sandra González Álvarez - no centro - coas concelleiras e concelleiras do Goberno municipal, momentos depois da toma da súa toma de posesión como alcaldesa do concello de Tomiño

Foto: C.T.


Infogauda / Tomiño

 Constituída a nova corporación municipal do concello de Tomiño, o Goberno local voltará a estar presidido por Sandra González Álvarez, do BNG, ao haber logrado na xornada electoral do 28 de maio 3.904 votos (9 concellarías), fronte aos 2.723 obtidos polo PP - que logrou sumar un concelleiro máis que fai 4 anos, a costa dos nacionalista; os 802 do PSdeG-PSOE, que manteñen dúas concellarías con nomes de mulleres; e os 106 da candidatura de Podemos, que non acadou representación na nova corporación.

 En definitiva, o equipo que lidera a alcaldesa nacionalista volve a ter á responsabilidade de gobernar o concello de Tomiño, facéndoo con maioría absoluta, ainda que con un concelleiro menos que no mandato precedente.

Ningún comentario:

Publicar un comentario