ÁNXELA FERNÁNDEZ CALLÍS, REELEXIDA ALCALDESA DO CONCELLO DO ROSAL
Co apoio do concelleiro do PSdeG-PSOE, que formará parte do goberno municipal
Ánxela Fernández Callís coa concelleira e concelleiros do goberno municipal que vai presidir
Foto: C.O.R.
Infogauda / O Rosal
Ainda que nas eleccións municipais do pasado 28 de maio, o BNG logrou 1.629 votos, fronte os 1.670 que recibiu a candidatura do PP; na mañá de hoxe Ánxela Fernández Callís voltou a ser reelexida alcaldesa do concello do Rosal, co apoio do concelleiro electo do PSdeG-PSOE, José Carlos Martínez Crespo, cuxa candidatura acadara 455 votos.
Dese xeito, tendo en conta que aritméticamente as dúas formacións de esquerda suman máis votos que a candidatura dos populares, todo indicaba - e así o habían anunciado nunha nota conxunta BNG-PSdeG-PSOE - que a candidata nacionalista a reeleción voltaría a presidir a corporación municipal rosaleira. Cumplíronse ás previsións, e ao longo destes catro anos, o concello do Rosal contará cun goberno de coalición.
Ningún comentario:
Publicar un comentario