A COMUNIDADE DE MONTES VECIÑAIS EN MAN COMÚN DE SALCIDOS ORGANIZA UNHA VISITA AO CASTRO DO PICO DA BANDEIRA
• O vindeiro sábado día 1 de xullo, ás 19:00 horas, desde a Casa da Comunidade, na Subida ao monte Torroso
Ricardo Rodríguez Vicente / Salcidos
A xunta reitora da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común da parroquia de Salcidos, convida á cidadanía a participar na visita ao castro do Pico da Bandeira, que terá lugar o vindeiro sábado día 1 de xullo de 2023, ás 19:00 horas.
O punto de saída desde á Casa da Comunidade, situada na Subida ao Torroso, efectuando unha andaina - de dificultade media - duns 15 minutos de duración, ata o devandito castro.
Cando os visitantes estén preto do xacemento arqueóloxico, Benito Vilas Estévez, arqueólogo da empresa Árbore Arqueoloxía e Restauración Sociedade Cooperativa Galega, informará ás persoas asistentes sobre ás características (cronoloxía de ocupación, sistemas defensivos, etc.), dese enclave.

Ningún comentario:
Publicar un comentario