A XXXI FESTA DA LANGOSTA E DA COCIÑA MARIÑEIRA, QUE ORGANIZA O CONCELLO DE A GUARDA, SERÁ PRESENTADA EN SANXENXO
Este martes 27 de xuño de 2023, ás 12:00 horas, no Miradoiro de Silgar
Infogauda / A Guarda
O concello de A Guarda presentará este martes 27 de xuño, ás 12:00 horas, no Miradoiro de Silgar (Sanxenxo), a XXXI edición da Festa da Lagosta e da Cociña Mariñeira.
Nese acto contarase coas intervencións do alcalde de A Guarda, Roberto José Álvarez Carrero e do concelleiro Fernado Reyes González, respectivamente, e rematará o alcalde do concello anfitrión, Telmo Martín González.
En Sanxenxo darase a coñecer a programación da XXXI edición da festa gastronómica por excelencia da vila mariñeira de A Guarda, un evento que conta cada ano coa asistencia de milleiros de persoas que se achegan ata o porto da localidade guardesa, para coñecer e degustar a ampla variedade de produtos ofertados, así coma participar na diversa programación musical e de entretemento asociada á mesma.
Declarada coma Festa de Interese Turístico de Galicia no ano 2014, a Festa da Lagosta e da Cociña Mariñeira é un escaparate para pór en valor o bo facer dos restauradores de A Guarda e un dos produtos máis representativos desta vila do sur de Pontevedra como é a lagosta, símbolo da nosa localidade dende fai moitos anos, en que os pescadores capturaban ese prezado manxar do noso mar, que era adquirido maioritariamente polas cetáreas locais, que as mantiñan vivas para súa posterior exportación aos mellores restaurantes de todo o Estado español, feitos que motivaron que A Guarda fose coñecida como a «Capital da Lagosta».
Nesta edición, a Festa
da Lagosta e da Cociña Mariñeira celebrarase os días 30 de xuño; 1 e 2 de xullo no porto de A Guarda onde se instalará unha carpa de 1.000 m² con mesas e cadeiras
para que os asistentes poidan degustar comodamente da lagosta e demais pratos.


Ningún comentario:
Publicar un comentario