A CIG convoca folga ante a parálise da negociación do convenio provincial de comercio alimentación de Pontevedra
Infogauda / Pontevedra
A CIG convoca folga o venres día 23 de xuño ante a parálise da negociación do convenio provincial de comercio alimentación. A decisión foi anunciada onte nas asembleas celebradas en Vigo e Pontevedra, ás que asistiron numerosas persoas traballadoras do sector afectadas por este convenio.
Nas asembleas explicouse o que estaba acontecendo, informado da única proposta económica despois de 8 reunións que consiste nunha vixencia de 4 anos, e de aumentos dun 2% no 2023, e de 1% cada un dos anos restantes, rematando no ano 2026, e dicir, un5% na totalidade dos anos de vixencia. Estas cifras son unha autentica burla para o sector, xa que o IPC do ano anterior, 2022, rematou nun 5,7%, neganse tamén a reducir a xornada semanal.
Ante esta infamia as traballadoras e traballadores do sector avaliaron a proposta da CIG de convocar folga o 23 de xuño, lembramos que a CIG ten maioría na mesa de negociación, 8 delegadas dunha mesa de 15 compoñentes.
O día que a CIG anunciou -tras a proposta indecente que fixeron as empresas- que ía convocar folga, a patronal xa solicitou unha mediación, quizais pensando que ían interrompela, cousa que non lles foi posible; de feito, onte nas asembleas xa se informou que o xoves 22 ás 22:30 faríamos outras para explicar se na semana do 19 houbo avances e preparar a folga.
Ningún comentario:
Publicar un comentario