O concello de A Guarda organiza “Baños de natureza”, no Monte Santa Trega
• Terá lugar o domingo día 9 de xullo ás 10:00h
Infogauda / A Guarda
O concello de A Guarda continúa no mes de xullo coas actividades enmarcadas na terceira edición do ciclo “Sostendo o Futuro”, realizadas coa finalidade de tomar conciencia en torno aos valores de sostebilidade e coidado da nosa contorna.
O domingo día 9 de xullo, ás 10:00h, con saída dende a Casa Forestal do Monte Santa Trega realizarase a actividade “Baños de Natureza”. Unha estancia no bosque, de entre 1,5 e 2 horas, para coñecer e profundizar na nosa conexión coa natureza con axuda dos 5 sentidos. Experimentar o equilibrio e benestar co que nos agasalla o canto dun paxaro ou a suavidade do vento. Exercicios que estimulan os sentidos mentres facemos o camiño, así como coñecementos sobre plantas e árbores e da natureza en xeral.
Trátase dunha actividade pensada para adultos e crianzas cun cupo máximo por grupo de 18 persoas.
As inscricións están abertas no teléfono 986 610 000 ou en medioambiente@aguarda.es.
Tamén en xullo, o día 21, ás 21:15h, na Xunqueira de Salcidos, realizara a actividade “Bolboretas nocturnas”, cunha duración de entre 3 e 4 horas.
Dende a concellería de Medio Ambiente do concello de A Guarda convídase a toda a cidadanía a participar nestas actividades programadas na terceira edición do ciclo medioambiental “Sostendo o futuro”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario