A unidade móbil de doazóns de sangue visitará A Guarda a vindeira semana
• O xoves día 6 de xullo, en horario de 10:15 ás 14:00 horas e de 16:30 á 21:00h.
Infogauda / A Guarda
A unidade móbil de doazóns de sangue visitará A Guarda o xoves día 6 de xullo, na rúa Rosalía de Castro (diante do Centro Cultural), en horario de 10:15 ás 14:30 horas e de 16:30 a 21:00h.
Grazas ao emprego destas unidades móbiles, o Centro de Transfusión de Galicia intenta facilitar a todos os cidadáns o solidario xesto de doar sangue. Sen a implicación de todos é imposible acadar as 500 doazóns de sangue que cada día se precisan nos hospitais galegos.
Para doar sangue hai que almorzar e despois de xantar esperar 2 horas. Non debemos esquecer levar a tarxeta de doazón, DNI ou documento similar.
Asemade, debemos informar ao médico se estamos a tomar algún medicamento.
É desexable solicitar cita para doar no telefono gratuíto 900 100 828.
Ningún comentario:
Publicar un comentario