28 de xuño de 2023

A GUARDA

Arrincan as actividades de verán en Cruz Vermella Baixo Miño 

  


Neli Rodríguez / A Guarda

 Un ano máis coa chegada do verán, desde Cruz Vermella no Condado planificáronse unha serie de actividades dentro do proxecto “Ludovermellas” encamiñas a ocupar o tempo libre dos nenos e nenas de entre 6 e 12 anos, entre as que destacan charlas de contido ambiental, manualidades de reciclaxe, saídas e excursións a parques, etc. 

 Estas actividades realizaranse os luns e xoves en horario de 10.30 a 12.30 horas durante os meses de xullo e agosto. Un equipo de 5 persoas voluntarias encargaranse da organización e o deseño das actividades para que, un ano máis, o proxecto sexa un gran éxito. 

 Para inscribirse ou solicitar máis información de calquera destas actividades poden chamar ao 986 61 46 09, enviar un correo electrónico a laguardia@cruzroja.es ou na sede de Cruz  Vermella na rúa Baiona, 1º baixo (A Guarda).  

 Cruz Vermella Mocidade é a sección xuvenil de Cruz Vermella e ten como idearios os mesmos principios que son fundamento da Institución. Durante todo o ano, levan a cabo distintos proxectos que buscan a igualdade de oportunidades para todos os menores, tamén grazas ao financiamento da Xunta de Galicia. Ofrécese apoio educativo aos nenos e nenas en situación de vulnerabilidade; e realízanse accións de lecer baseadas en valores sociais, ambientais e saudables. Por outra banda, desenvólvense distintos talleres en centros educativos enfocados á prevención en adiccións, condutas violentas fronte á LGTBIQ+fobia, a violencia de xénero ou o racismo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario