6 de xuño de 2023

A GUARDA

O Concello de A Guarda realizou unha acción de deporte e coidado do medio ambiente

Con máis de 200 rapaces e rapazas polo Día Mundial do Medio Ambiente  


O alumnado pariicipou nunha actividade deportiva e medio ambiental na praia do Forte (Camposancos)
Foto: C.A.G.


Infogauda / A Guarda

 Enmarcada dentro do ciclo medioambiental Sostendo o Futuro III, o Concello de A Guarda promoveu a realización, na mañá de onte, luns 5 de xuño (Día Mundial do Medio Ambiente), unha actividade de deporte e coidado do medio ambiente.  Para iso, o organismo municipal convidou aos colexios de secundaria.

 Na actividade realizada, combinouse o deporte coa recollida de lixo en espazos abertos. Nesta ocasión participaron un total de 250 persoas entre alumnado, profesorado e organización.  

 Os colexios que asistiron foron CPR San José, IES A Sangriña e CPR Somascos.

 Os grupos iniciaron a ruta dende  dous puntos diferentes da vila: unha parte dos alumnos saíron dende o auditorio de San Bieito e a outra dende A Sangriña. As dúas rutas tiñan como punto de encontro a praia do Forte (Camposancos) onde o concello obsequiou os participantes con bolsas e vasos reutilizables, auga e froita e outros agasallos pondo en valor a súa colaboración.  

 "Con esta actividade queremos concienciar as xeracións máis novas da importancia que ten coidar o medio ambiente e de xestionar correctamente os residuos", indican desde o Goberno municipal en funcións. 

 "A rapazada - engaden desde o concello - tamén se puido dar conta de que é cousa de todos manter a nosa vila limpa e que debemos reducir os plásticos de un so uso, xa que son moi perxudiciais para os humanos eo medio ambiente".  

 É bo lembrar que os plásticos poden tardar mais de 100 a 1.000 anos en descompoñerse e que moitos deles desintégranse en microplásticos que son moi prexudiciais para a nosa saúde.

Ningún comentario:

Publicar un comentario