17 de xuño de 2023

A GUARDA

FESTAS DO MONTE SANTA TREGA, 2023

Do 7 ao 15 de agosto




Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

 A Asociación Cultural encargada de organizar ás tradicionais Festas do Monte Santa Trega vén de facer pública á imaxe do que será o cartel da edición deste ano 2023. 

 No devandito cartel, protagonizado por unha fermosa imaxe - da autoría do fotógrafo Dionisio Ameal Pacheco - da vila de A Guarda, indícanse as datas da celebración - do 7 ao 15 de agosto - referencia fundamental para moitas persoas que por motivos varios residen fora da nosa localidade e desexan programar as súas vacacións nas datas da celebración das Festas do Monte, cualificadas de interese turístico galego.

Ningún comentario:

Publicar un comentario