O ilustrador vigués Carlos Ramos presenta a exposición de temática mariñeira “Os nosos mares”
• Será inaugurada o sábado 1 de xullo ás 12:00h, e estará na Casa dos Alonso ata o 14 de xullo
Infogauda / A Guarda
Este sábado día 1 de xullo ás 12:00 na Casa dos Alonso inaugurarase a exposición “Os nosos mares” que ten como protagonista a temática mariñeira, especialmente centrada nos faros, acantilados e portos. A mostra, que chega da man do ilustrador vigués Carlos Ramos, pretende facer unha ruta polos faros mais representativos do litoral galego, así como polas paisaxes características das nosas costas e do duro traballo das xentes do mar.
Carlos Ramos realiza súas obras cunha técnica e estilo propio da ilustración e moi próximo ao cómic, con colores moi definidos, trazos moi finos e moi marcados.
A exposición estará na Guarda ata o 14 de xullo no horario habitual de apertura do concello (de 9:00 a 14:00h) de luns a venres.
En todo caso, toda persoa que o desexe, queda convidada a asistir ao acto inaugural, no que contarase coa presenza do propio artista.
Ningún comentario:
Publicar un comentario