1 de xuño de 2023

A GUARDA

A Guarda terá un baño público a carón da Casa do Mar

O financiamento para esta dotación procede dos fondos Next Generation EU da Unión Europea. 


A instalación do aseo está previsto facela no límite do xardín a carón da Casa do Mar e preto do auditorio de San Bieito
Foto: C. A.G.

 Infogauda / A Guarda

 "Na liña de traballo de mellora dos servizos municipais o concello de A Guarda viña procurando financiamento para a instalación dun aseo público no porto da Guarda coas mesmas características co instalado no ano 2021 na alameda, que fora financiado co Plan Concellos da Deputación de Pontevedra", indican desde o executivo local en funcións.  

 Trátase dun aseo adaptado para persoas con mobilidade reducida cun sistema de limpeza automatizado despois de cada uso e con apertura de portas programable. 

 Neste caso, o financiamento para a nova dotación, vai con cargo a unha subvención en concorrencia non competitiva a concellos para embelecemento do litoral galego no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado con cargo aos fondos Next Generation EU, da Unión Europea e xestionados por Turismo de Galicia.   

 A contía da subvención ascende a 45.000 € e representa o 90% do investimento que está cifrado en 50.000 €.  

 "A instalación do aseo está previsto facela no límite do xardín a carón da Casa do Mar e preto do auditorio de San Bieito. Este servizo, ao igual que o da alameda, foi priorizado polo equipo de goberno en vista da importante demanda veciñal e da mellora que representa dos espazos e servizos públicos da localidade", afirman desde o Goberno municipal en funcions, do Concello de A Guarda.

Ningún comentario:

Publicar un comentario