CLOSE, pecha o ciclo de primavera do Cineclub Poleiro
O xoves 1 de xuño, ás 20:30 h., no auditorio de Goián
Rita Alonso / Goián
O cineclub Poleiro pecha o ciclo de primavera programando CLOSE, una película belga que con poucos elementos construe unha historia grande.
O xoves 1 de xuño, ás 20:30 h., no auditorio de Goián.
A película belga Close, dirixida por Lukas Dhont, un poema sobre a amistade, o dó e a culpa, protagonizada por dous amigos de 13 anos tratada con gran sensibilidade. Sobre os dous rapaces recae o peso dunha película cunha historia dolorosa que se conta dende dentro, dende as tripas, dende a contención. A historia dun adolescente incapaz de cargar coa vida .
Premio: Gran Premio do xurado no festival de Cannes 2022.
O cineclub Poleiro conta co apoio da Concellería de Cultura do Concello de Tomiño e da Federación de Cineclubes.de Galicia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario