15 de maio de 2023

A GUARDA

A Guarda súmase á axenda 2030 coa presentación dun Plan de acción en torno aos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible 

A estratexia, promovida polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, establece unha serie de accións para os próximos 3 anos que aliñen ao Concello no cumprimento dos ODS.  

 

O alcalde e membros do Equipo de goberno municipal, nun encontro celebrado no salón de plenos da Casa do Concello de A Guarda

Foto: C.A.G.


Infogauda / A Guarda

 O Concello de A Guarda vai presentar un Plan de Acción para a implementación da Axenda 2030 e os seus 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS), promovido polo Fondo Galego de Cooperación e con financiamento da Xunta de Galicia, que establece unha serie de accións a curto, medio e longo prazo a nivel municipal para o período 2023-2025.  

 Desde o Goberno local, que preside o alcalde Antonio Lomba Baz indican que "este Plan de Acción é o resultado dun proceso de análise-diagnose previo no que se avaliou o grao de aliñamento e cumprimento da Axenda 2030 do Concello. O seu obxectivo foi deseñar, publicar e obter como referencia un documento estratéxico no que se describan as principais actuacións que o Concello da Guarda debe realizar nos próximos 3 anos para incrementar a súa contribución ao cumprimento de cada un dos dezasete Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, mellorando os índices de benestar da cidadanía e construíndo un entorno mais respectuoso co medio ambiente".  

 A presentación do Plan de Acción terá lugar no Concello de A Guarda e estará  dirixida polo alcalde Antonio Lomba, e contará coa participación de  Andrea Corzo, do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade e o equipo de ICSEM, a empresa que participou na elaboración dos documentos. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario