15 de maio de 2023

A GUARDA

FALAN DE GRANDES PROXECTOS, E O POBO ABANDONADO 






ESPAZO COMÚN / A Guarda

 De vergonza. As imaxes que acompañamos foron tomadas o sábado dÍa 13 de maio, ás 2 da tarde, e consideramos que non merecen moito comentario. O acceso a A Guarda por Tui, para quenes nos visitaban era ese espectáculo de bolsas e papeis que dende a Alameda chegaba a Costa do Coruto. 

 Pero é que o mesmo acontecía pola Baixada dos Bechos ou pola Rúa Rosalía de Castro e Paseo de Portugal, ¡¡¡BOCHORNOSO!!! 

 E logo dín que progresamos, e se quedan tan panchos…. Sin palabras. 

 As imaxes son tan explícitas que non vale a pena escribir moito máis. Que cada quen saque a súa conclusión. 

 Moito prometer unha vila moderna e preparada para ser referencia turística, e temos imaxes que non son de recibo a estas alturas da vida. 

 Din que unha imaxe vale máis que mil palabras. Aí vai a demostración visual do que decimos esperando que alguén dé explicacións da “fectividade” do Equipo de Goberno do PSOE co Sr. Antonio Lomba á cabeza. ¿Será este o modelo que nos anuncia?

Ningún comentario:

Publicar un comentario