19 de maio de 2023

A GUARDA

OS PERIGOS DA SUBIDA Á FORTALEZA DE SANTA CRUZ 


Camiño de acceso á Fortaleza de Santa Cruz
Pormenor do estado no que se atopa o pavimento de acceso á Porta da Vila, da Fortaleza de Santa Cruz


Espazo Común / A Guarda

 A deixadez e abandono que amosan as nosas rúas, dan como resultado, que de vez en cando e cada vez máis seguido, se coñezan “percances” que fan que haxa rotura de gafas, lesións graves e nalgúns casos con hospitalización incluida. Pero esas rúas, onde pasar por elas e sair enteiro, cada vez é máis unha proeza, parece que somentes se acordan delas no Equipo de Goberno do PSOE, cando estamos as portas dunha eleccións. O que non hubo en tres/catro anos, agora aparece por tódalas esquinas, agora hai cemento e asfalto a esgalla, e se “algún” amigo a precisa, arranxamos o camiño privado, todo sexa por sumar unha papeleta máis. 

 No transcurso desta semana, coñecemos de dous “aterraxes forzosas” no camiño que dende a rúa Puerto Rico, da acceso a Porta da Vila (entrada principal) da Fortaleza de San Cruz. 

 A “cantaleta” de que xa había presuposto, subvención e axuda para arranxala, o escoitamos unhas poucas veces no Concello, pero que a día de hoxe o vecindario e os usuarios, segue clamando ao ceo para que se poida transitar con seguridade por ela, o mesmo tempo que alertan da presenza de cans que están soltos e desconfían que sen dono, o que fai máis perigosa esa zona, que como premio, ten instalación eléctrica pero nas que nos se acordan de cambear as bombillas. 

 Esta queixa, xa a fixeron varias veces, pero a “xordeira” é máis grande.  Din que unha imaxe vale máis que mil palabras, aí vai a demostración visual do que decimos esperando que as promesas se fagan realidade por parte do Equipo de Goberno do PSOE co Sr. Antonio Lomba a cabeza. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario