13 de abr. de 2023

TOMIÑO

TOMIÑO PREPÁRASE PARA A FEIRA DE PRIMAVERA 

 Haberá máis de 30 postos, actividades infantís, actuacións e chocolatada. 




Gonzalo Lomba / Tomiño

 Se o tempo o permite, este sábado 15 de abril a Praza do Seixo acollerá a Feira de Primavera 2023 organizada por ADETO. Con postos de moda, artesanía, xoiería, cosmética natural, nutrición, deporte e un amplo etcétera ata chegar aos máis de trinta participantes que exporán os seus produtos e servizos na feira. 

 O evento, que dará comezo ás 10:30 contará con dúas actuacións ao longo da maña: o espectáculo de danza de Dansá e unha sesión deportiva a cargo de Meu Fit. Ademáis, tanto de mañá como de tarde para os máis pequenos haberá un inchable, talleres a cargo de Canguriños e un taller de cociña. 

 E se de comer se trata, na feira estará a camioneta de comida de La Dulcekatta e, a partir das 18:00 haberá chocolate con rosca a prezos populares. Todo para que ninguén se vaia sen ver o desfile de moda e a actuación da Treboada San Campio de Lonxe que servirá como colofón a un día de celebración do pequeño comercio. 

 Nesta Feira de Primavera, que conta con financiación e apoio da Xunta de Galicia, do Concello de Tomiño e de ABANCA, o pequeno comercio sae a rúa para ofrecer á xente os mellores produtos e servizos e, nun ambiente festivo, dar a benvida á estación das flores.

Ningún comentario:

Publicar un comentario