13 de abr. de 2023

TOMIÑO

Hoxe, no podcast en Primeira Persoa do PPdeG  

Lara Meneses: “En política é importante saber escoitar e empatizar cos teus veciños, porque senón é difícil responder ás súas necesidades”


Lara Meneses, candidata do PP á alcaldía de Tomiño

Infogauda / Tomiño  

 A candidata do PP á alcaldía de Tomiño, Lara Meneses, pon en valor a súa mocidade “porque a xente nova temos moito que aportar a nivel político: renovación, frescura, novas ideas, un punto de vista diferente ao que estamos acostumados en Tomiño”.  

 Con respecto ao seu concello, bota en falta “iniciativas para crear emprego que permitan asentar poboación e coas que garantir que as novas xeracións poidan quedarse en Tomiño”. Pero tamén “moitos servizos básicos, entre eles o saneamento, que aínda non chegan ás parroquias. Desde o PP de Tomiño queremos traballar para todos”.   

 A nivel persoal defínese como “comprometida, perseverante, traballadora, e próxima”, á que lle gusta pasar o tempo libre coa súa familia e cos seus amigos.   

 Recoñece que, grazas ao negocio de hostalería da súa familia, desde pequena estivo rodeada de xente. “Sempre me gustou escoitar aos veciños, estar en contacto coas persoas. Iso marcoume para ser unha persoa moi empática. Gústame escoitar, falar coas persoas maiores e aprender das súas experiencias”. Unhas cualidades que, sinala, son fundamentais: “En política é importante saber escoitar e empatizar cos teus veciños, porque senón é difícil responder ás súas necesidades. E o certo é que en Tomiño o Goberno escoita pouco”.  

 Do seu concello declara: “O que máis me gusta son as súas parroquias. Eu son dunha parroquia con poucos habitantes. E todas teñen moito potencial, pero están moi pouco aproveitadas. Son as grandes descoñecidas a nivel arquitectónico ou paisaxístico, pero tamén as grandes esquecidas a nivel servizos”.  

 Viviu en Salamanca, Burdeos, París... “Viaxar e saír do teu núcleo permíteche coñecer novas culturas, é un aporte importante a nivel vital. Aprendes a entender e descubrir outras formas de vida. Convértete nunha persoa máis crítica para saber o que queres para o teu pobo, isto é fundamental”.   

 Por iso, si goberna o PP en Tomiño non dubida en decir: “Ofreceremos á xente moza becas ou axudas para que poidan facer cursos de inmersión lingüística fóra de España, non só para practicar outra lingua, senón tamén para coñecer outras culturas e xeitos de vida”.    

UN NOVO FORMATO PARA COÑECER DE PRETO AOS CANDIDATOS  

 O podcast en Primeira Persoa é unha idea orixinal do Partido Popular de Galicia na que diferentes candidatos das provincias galegas teñen a oportunidade de ser entrevistados nun formato directo, dinámico, e adaptado ás novas formas de comunicación que ofrece o universo transmedia.  

 A máxima coa que se plantexan estas entrevistas é que os veciños poidan coñecer á persoa que hai detrás do político e escoitar aos seus candidatos nun ton informal e próximo, mais aló de discursos políticos e ideoloxías   

Estas son as redes onde está dispoñible o podcast en Primeira Persoa

Facebook 

Twitter  

Instagram 

Youtube  

iVoox

Ningún comentario:

Publicar un comentario