Romaría do Lanzo da Cruz 2023
• A celebración do tradicional encontro entre as parroquias de Sobrada (Galicia) e Cristelo Côvo (Portugal)
• A romaría, única en Galicia, conserva a antiga tradición dos lances de cruz nos que o párroco bendice aos barqueiros para que teñan boa pesca.
• Ademáis, o Lanzo da Cruz comparte a festa coa veciña freguesía portuguesa de Cristelo Côvo a quen a une lazos de amizade ancestrais.
Infogauda / Sobrada
O vindeiro luns 10 de abril, luns de Pascoa, a parroquia de Sobrada (Galicia) e a freguesía de Cristelo Côvo (Portugal) celebrarán o seu tradicional lance de cruz, coa asistencia e participación dos veciños e as veciñas da fronteira tomiñesa e valenciana, nesta cita anual coa tradición.
É o Lanzo da Cruz un evento transfronteirizo na que ademáis do tradicional lance, as poboacións de ambas marxes cruzan ao río festexando a amizade que as une. O párroco galego en procesión polo río, visita a marxe portuguesa onde dá a bicar a cruz. E o párroco portugués fai o mesmo na marxe galega.
O Lanzo da Cruz é organizado polas asociacións de ambas marxes que dende sempre organizan este encontro único na fronteira e que atrae aos veciños e veciñas dos arredores. Un encontro entre amigos, irmáns, veciños, pero tamén un encontro coas raíces de ambos pobos onde unha vez máis lembran a boa saúde das relacións transfronteirizas.
Os lances de cruz
Os lances é un ritual no que o párroco bendice aos barqueiros e as súas redes para que teñan boa pesca e o río Miño “non cobre o seu foro” (o foro entendido como metáfora da morte). A cambio, os barqueiros ofrécenlle ao párroco a primeira lamprea do lance.
Os lances de cruz é unha práctica que se viña realizando dende aproximadamente o ano 1.500 ao longo do último treito do río Miño e que na actualidade só se celebra na parroquia de Sobrada e na freguesía de Cristelo Côvo. Ambas marxes, comparten tradición e celebran os vellos rituais como antano, no luns de Pascoa.
A simbiose dos elementos históricos coa modernidade, fan desta romería un acto singular e que representa a excepcionalidade da fronteira baixomiñota. Unha cita única que reúne todos os anos a veciñanza de ambas marxes e a turistas que non queren perderse unha data senlleira.
Ningún comentario:
Publicar un comentario