5 de abr. de 2023

O ROSAL

O PP do Rosal denuncia que as obras de reestruturación que se están acomentendo na vila, perxudican demasiado aos veciños e ao comercio local  


Carlos Rodríguez Vicente, candidato do Partido Popular á alcaldía do Rosal

Foto: FB

Infogauda / O Rosal

 A alcaldesa do BNG, Ánxela Fernández, está levando a cabo diferentes modificacións nas rúas cercanas a Praza do Calvario, que o único que fan é lastrar tanto ao comercio local, póndolle moitas máis dificultades para que poidan sacar adiante os seus negocios, como aos veciños e veciñas do Rosal, pondo tamén impedimentos para que estes vivan e disfruten todo o que ofrece o noso ConcelloDese xeito pronúnciase o Partido Popular de O Rosal. 

 Os populares denuncian que “as obras que se están a facer na Rúa Nova do Couso, son un claro exemplo de falta de diálogo cos veciños e comerciantes, xa que se están executando propostas que van en contra dos seus intereses”. Pregúntanse “onde queda iso de “a veciñanza conta” xa que estas obras se están levando a cabo sen ter mantido as conversas necesarias para escoitar como podían afectar na contorna”. Asemade, desde o PP explican: “Non encontramos sentido que tendo dous parkings habilitados para poder colocar os cargadores dos coches eléctricos, teña que reestruturarse toda unha vía que daba servicio a veciños e comercios e agora se modifique deixándoa de sentido único e se elimine espacio e operatividade”.  

 Dende o Partido Popular de O Rosal din que “copiar propostas de outros concellos sen ter pensado nin sequera se son viables, poñen outra vez de manifesto a falta de personalidade política do goberno local”. Nesta liña, o candidato popular, Carlos Rodríguez Vicente, traslada que “o Partido Popular de O Rosal xa tiña prevista a colocación destes cargadores en outro espazo máis apropiado e que non xeraba tantos inconvenientes, como é o aparcamento que se encontra ao pe dos Muiños do Folón. Se non querían seguir ese proxecto, Barbuntín era moito mellor lugar para telos colocado. Todo este cambio nas direccións do tráfico feitos tamén na Rúa Cabaqueiros e na Rúa Manuel Suárez, a colocación de saíntes nas aceras, ou a reducción de plazas de aparcamento cernas ao núcleo urbán onde se desenvolve a vida diaria da vila, non fan máis que entorpecer e pór ainda máis trabas. Se di que se está construindo “O Rosal das persoas” e que “os veciños son o centro” cando a realidade é que están facendo que os veciños e quen nos queira visitar teña máis impedimentos día a día e busquen alternativas fora”. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario