5 de abr. de 2023

ECONOMÍA

Folga e protestas do persoal das tendas de H&M de Pontevedra e de Vigo

 Este sábado 8 de abril coincidindo coa xornada de folga convocada para reclamar o cumprimento do convenio




Infogauda / Pontevedra / Vigo

 As traballadoras das tendas de H&M en Vigo e Pontevedra mobilizaranse este sábado 8 de abril coincidindo coa xornada de folga convocada para reclamar o cumprimento do convenio no que ten que ver coa actualización dos soldos e dos pluses e co pago dos atrasos salariais.  

 As afectadas desconvocaran o paro prevista para o pasado sábado 1 de abril unha vez que a empresa confirmou que cumprirá o convenio colectivo e actualizará os salarios e os pluses a abonará os atrasos pendentes, mais mantiña a convocatoria deste sábado 8, á espera de que se apliquen os incrementos de soldo e se aumenten as xornadas a 40 horas semanais, algo que H&M aínda non fixo.  

 Polo tanto, as traballadoras irán á folga e aproveitarán para mobilizarse en Vigo e Pontevedra. No primeiro caso cunha manifestación dende o cruce de Vía Norte con Urzaiz ás 11:15 horas que rematará diante do marzo, onde desenvolverán unha concentración a partir das 12:00 horas. En Pontevedra a protesta terá lugar diante da tenda da rúa Benito Corbal ás 10:00 horas. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario