O Concello de A Guarda apoia o evento de cultura urbana “Atrapa o Beat!”
• Sábado día 6 de maio dende ás 11:30h. no C.S. Fuscalho en na praza de san Bieito
Infogauda / A Guarda
O sábado día 6 de maio a vila de A Guarda acollerá unha xornada en relación á cultura urbana, onde graffiti, baile, música e poesía serán as protagonistas en diferentes formatos.
Atrapa o beat! é o nome dese evento, que o Concello de A Guarda apoia con obradoiros totalmente gratuitos para a mocidade.
A partir das 11.30h comezarán dous talleres de xeito paralelo, un de graffiti no C.S. Fuscalho e outro de tres estilos de danzas urbanas no Auditorio san Bieito.
O taller de graffiti será impartido por Desastr.One, grafiteiro madrileño que colabora con diferentes músicos e fai do seu arte reivindicación. Con el, aprenderemos a técnica do aerosol e poderemos participar na creación dun graffiti nun dos muros do espazo dispoñible.
O taller de danzas urbanas será no Auditorio san Bieito a partir das 11.30h, tocando tres estilos de baile que naceron na rúa e nos clubs. Para isto contarase con Carmen Gago que impartirá unha aula de house; Eva Comesaña que será a responsable da parte de hip hop; e Elvia Gago, encargada de ensinar waacking.
Ao rematar esas tres aulas, farase unha jam para practicar o aprendido e compartir co resto, onde Dj e Mc amenizarán a actividade.
Estes dous obradoiros son totalmente gratuítos e para participar débesse enviar un correo electrónico a informacion@aguarda.es indicando o taller no que se quere participar, o nome completo da persoa interesa e súa idade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario