ABERTAS ÁS INSCRICIÓNS PARA A III CARREIRA REVIRANDO
• O evento deportivo, solidario e inclusivo terá lugar o domingo día 14 de maio de 2023, ás 10:45 h. desde á Alameda, de A Guarda
Infogauda / A Guarda
Organizada pola ANPA do Colexio PP. Somascos Fundación Educere, coa colaboración do Concello de A Guarda, Deputación de Pontevedra, Xunta de Galicia, Asociación San Xerome, e varias entidades comerciais e industriais de A Guarda e súa contorna, vén de darse o pistoletazo de saída á III edición da carreira solidaria e inclusiva REVIRANDO.
A III Carreira inclusiva Revirando é unha proba solidaria, non competitiva, que ten por obxectivo a convivencia festiva nun evento inclusivo onde coincidirán nenos/as e adultos. É a culminación ou produto final dun proxecto educativo en que o alumnado aborda a organización da mesma sempre desde un prisma de sensibilidade cara a discapacidade e complementado con outras actividades integradoras e solidarias en liña de meta.
O evento terá lugar po día 14 de maio, ás 10:45 horas, desde á Alameda de A Guarda.
A data límite para efectuar as inscricións é o día 11 de maio.
As persoas que se inscriban antes do día 1 de maio recibirán unha camiseta de agasallo.
As cotas das inscricións son as seguintes:
Adultos: 9 euro.
Menores de 16 anos: 4 euros.
A inscrición farase efectiva a través dos seguintes métodos:
1. https://inscriu.me/es/revirando-a-guarda-iii
2. Formulario de Google (cubrir formulario e pago posterior na oficina de ABANCA, mandando o xustificante de pago ao correo electrónico revirandoaguarda@gmail.com)
3. Recoller formulario de inscrición en Colexio Padres Somascos (cubrir formulario e pago posterior na oficina de ABANCA e entregar inscrición e xustificante de pago na secretaría do colexio).
Farase ingreso ou transferencia bancaria en ABANCA (ES57 2080 5038 4430 4003 3837) indicando no concepto "REVIRANDO. Nome e apelidos das persoas inscritas".
PRAZO DE INSCRICIÓN
Do 11/04/2023 ao 01/05/2023 terán de agasallo unha camiseta técnica.
Do 02/05/2023 ao 11/05/2023 quedarán inscritos sen camiseta.
*No caso de chegar a 1.000 inscritos pecharase a inscrición antes da data sinalada. O peche das inscricións publicarase nas redes socias dos centros organizadores.
Os participantes que non finalicen o proceso de pago dentro do prazo, non quedarán inscritos.
DORSAIS
Poderán recoller os dorsais no colexio PP. Somascos o venres 12 de maio de 13:30 a 14:30 e de 16:00 a 18:00 ou no mesmo día da proba dende as 10 da mañá ata a hora de saída.
LIÑA DE META - ACTIVIDADES
1) Haberá un campo de baloncesto no que o equipo campión de Europa en cadeira de rodas, Iberconsa Amfiv, ensinará a toda a xente que o desexe os segredos desta modalidade. Poderán participar activamente todas as persoas que o desexen.
2) Haberá un Patio Inclusivo. Trátase dun espazo inclusivo onde os nenos/as asistentes poderán xogar nun modelo de xogos tradicionais que veñen facendo os dous colexios na súa alianza en materia de inclusión.
3) Partidas simultáneas de xadrez.
4) Concerto do grupo.
5) Farase entrega dos Premios Revirando a organizacións ou persoas que contribúan en materia de inclusión ou discapacidade.
6) Como colofón do evento haberá un Sorteo con múltiples agasallos a sortear.
*Ao peche do regulamento poden variar as condicións do sorteo.
A organización lembra que as persoas interesadas poderán anotarse na modalidade de carreira, “andaina” ou simplemente colaborar na Fila 0 cunha achega.
As doazóns poden efectuarse na conta: ES57 2080 5038 4430 4003 3837
Este ano a recadación será doada a AGAELA (Asociación Galega de Esclerose Lateral Amiotrófica).
Ningún comentario:
Publicar un comentario