1 de mar. de 2023

GALICIA

CONVOCATORIA DE MOBILIZACIÓNS DO COLECTIVO PENSIONISTAS E XUBILADAS DA CIG 


Membros do colectivo de xubiladas/os e pensionistas da CIG nunha recente rolda de prensa

Foto:CIG

Infogauda / Compostela

 O colectivo de xubiladas/os e pensionistas da CIG convoca para mañá xoves, día 2 de marzo, concentracións en todas as comarcas para exixir a revalorización das pensións conforme ao IPC acumulado a final de ano e a recuperación dos dereitos perdidos en canto ás pensións. Un obxectivo para o que consideran que é precisa a derrogación das reformas das pensións, empezando pola de 2011 e incluíndo a de 2021. 

 O colectivo -especialmente castigado pola suba dos prezos dos alimentos, que se calcula que é xa 16,2%- lembra que as súas pensións son as segundas máis baixas do Estado, polo que esta suba os castiga dobremente. 

 As mobilizacións previstas son:  

A Coruña: 11:00 horas, Casa do Mar. 

Ferrol: 11.30 horas, diante do INSS. 

Compostela: 11:00 horas, Praza do Toural. 

Lugo: 11:00 horas, Praza Maior (diante do Concello). 

Ourense: 11.30 horas, diante do INSS.  

Vigo: 11:00 horas, diante do Mercado do Calvario. 

Pontevedra: 11.30 horas, Praza da Peregrina.

Ningún comentario:

Publicar un comentario