ATLETISMO
CHRISTIAN SIERPES PEREIRA, MEDALLA DE PRATA E ANTÍA RODRÍGUEZ OTERO, MEDALLA DE BRONCE
• No Campionato Xunta de Galicia pista ao aire libre 2023
Sociedade Atlética do Trega
Esta fin de semana celebrouse nas pistas de atletismo de Balaídos (Vigo) o Memorial Alejandro Gómez, que paralelamente albergou o Campionato Autonómico de 10.000 e 5.000 metros lisos. Ata alí desprazáronse dous atletas da nosa entidade, un mozo e unha moza, en concreto na categoría sub-18 xuvenil.
Na categoría masculina a medalla de prata foi para Christian Sierpes Pereira, de A Guarda, o cal fíxose co subcampionato galego nunha carreira lenta e táctica, onde lla xogaron no último e definitivo quilómetro, disputando a vitoria na última volta, entrando en meta emparellado co seu rival nun man a man ata a última contrarecta.
Na categoría feminina, Antía Rodríguez Otero, de Goián (Tomiño), foi a que se encargou de pechar o Campionato Galego con outra gran actuación onde logrou a medalla de bronce de Galicia.
Moitas felicidades! A seguir sumando medallas para Tomiño.
Ningún comentario:
Publicar un comentario