12 de mar. de 2023

DEPORTES

PIRAGÚISMO

MANUEL OCHOA, MEDALLA DE OURO NA 1ª COPA DE ESPAÑA DE KAYAK CROSS  


Manu Ochoa - no centro da imaxe - coa súa medalla de ouro, lograda na 1ª Copa de España de Kayak Cross

Informa: Rosa Fernández Carrera

 Esta fin de semana celebrouse na canle de augas bravas do Parc Olimpic do Segre, na localidade ilerdense da Seu D´Urgell, a 1ª Copa de España de Kayak Cross. Esta disciplina de slálom, antes coñecida como slálom extremo ou boatcross, está gañando moitos seguidores pola súa espectacularidade. Como tódalas copas, constou de dúas competicións diferentes, cos seus respectivos podios, unha o sábado e outra o domingo. A proba comeza cunha contra-reloxo, puntuable para os selectivos nacionais, onde os dezaseis mellores tempos pasan a cuartos, despois semifinais e finalmente finais.  

 O Club Deportivo Miño-Teixugos levou ao evento a tres deportistas, os tres de categoría sénior, que tiveron unha gran actuación.  


Manu Ochoa nun momento da competición


 Manu Ochoa, todo un especialista na modalidade, comezou ben o sábado ao sacar o segundo mellor tempo da contra-reloxo da categoría sénior masculina, en cuartos de final gañou claramente a serie, pero unha falta dubidosa nunha das portas, deixouno fóra, rematando décimo terceiro. No domingo foi terceiro na contra-reloxo e superou con baixadas espectaculares cuartos de final e semifinais. Nas finais impúxose claramente aos seus tres contrincantes proclamándose gañador.  


 Luís Fernández

 Luís Fernández tivo unha moi boa actuación a pesar de que a súa especialidade é a canoa e non o caiac. Superou a contra-reloxo tanto o sábado como o domingo. O sábado conseguiu chegar a semifinal, rematando oitavo. O domingo quedouse en cuartos rematando duodécimo. 

 

Alba Soutelo

 Alba Soutelo foi a nosa única representante feminina, e tamén tivo un papel destacado, tendo en conta que é o seu primeiro ano na categoría sénior. O sábado non pasou o corte da contra-reloxo por pouco, rematando décimo sétima. O domingo superou a contra e cuartos de final, caeu nas semifinais rematando nunha impresionante oitava posición.  

 Moi boa a actuación dos tres “teixugos” competindo cos mellores do panorama nacional,  pois ao ser selectivo para o equipo nacional, ninguén quixo faltar a cita. Destacar tamén a actuación dos galegos a Mario Otero, do Tea de Mondariz e a Ainhoa Lameiro, do Penedo, que conseguiron chegar a finais.

Ningún comentario:

Publicar un comentario