Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda
O deporte futbolístico na nosa vila ten tradición máis que demostrada. Os documentos gráficos e a hemeroteca - entre outros - acredítano sen lugar a dúbidas.
Desde aqueles primeiros equipos ata o día de hoxe, pasaron moitas décadas. Máis hoxe, día 2 de marzo de 2023 queremos salientar que o club Sporting Guardés cumple 65 anos. Unha efeméride que ben merece destacarse polo que conleva de labor deportiva ao longo do tempo e tamén polo que deportivamente representa o club. Sen esquecer o traballo nas categorías inferiores (Prebenxamíns, alevins, infantís, cadetes, xuvenís,...), e por suposto o equipo senior. Todos eles configuran a entidade e a razón de ser do Sporting Guardés. Hai moito mérito en todo iso, que as veces, cecais pola velocidade dos tempos en que vivimos, tal vez non acertemos a valorar na súa xusta medida.
O mérito é compartido. Dos iniciadores, dos que chegaron despois, dos que mantiveron a ilusión traballando nas diferentes xuntas directivas, dos xogadores, técnicos, axudantes, colaboradores,... E por suposto dos seareiros de A Guarda e súa contorna.
O Sporting Guardés é, por dereito propio, unha institución no ámbito deportivo de Galicia.
65 anos de andaina deportiva ben merecen a debida consideración por parte de todos.
AXENDA DEPORTIVA DO SPORTING GUARDÉS
• Para esta fin de semana
Ningún comentario:
Publicar un comentario