A unidade móbil de doazóns de sangue visitará A Guarda en abril
• O mércores día 5 de 10:15 ás 14:00 horas e de 16:30 a 21:00h; e o sábado 8 de 10:15h ás 14:30h.
Infogauda / A Guarda
Grazas ao emprego destas unidades móbiles, o Centro de Transfusión de Galicia intenta facilitar a os todos cidadáns o solidario xesto de doar sangue. Sen a implicación de todos é imposible acadar as 500 doazóns de sangue que se precisan cada día nos hospitais galegos.
Para doar sangue hai que almorzar e despois de xantar esperar 2 horas. Non debe esquecerse levare a tarxeta de doazón, DNI ou documento similar. Asemade, é convinte informar ao médico se estamos tomado algún medicamento.
Asemade, é desexable solicitar cita para doar, chamando ao telefono gratuíto 900 100 828.
Ningún comentario:
Publicar un comentario