TRANS MIÑO REALIZARÁ AS PROBAS RÁPIDAS DE VIH NA GUARDA
• Son de balde e están enmarcadas dentro do Programa de detección precoz do VIH-VHC da Dirección Xeral de Saúde Pública
Infogauda / A Guarda
As persoas de A Guarda que así o desexen, xa poden realizar as probas rápidas de VIH. A organización encargada de realizar as devanditas probas vai ser a Asociación Trans Miño LGTBIQ+, que tras a formación recibida, acredítalles para súa realización, que son totalmente anónimas, confidenciais, e cuxos resultados se obteñen en 20 minutos, sendo para os/as usuarios/as totalmente de balde.
Este cribado realizarase coa recollida dunha mostra de saliva, e as probas serán efectuadas no local cedido polo Concello de A Guarda, que a Asociación Trans Miño LGTBIQ+ usufrutúa no antigo colexio Manuel Rodríguez Sinde.
Poder realizar este servizo na vila de A Guarda, en colaboración con Secretaria Xeral de Salúd Pública, é uns dos obxectivos que propuxeron desde cando se fundou a Asociación no 2019.
Xermán Cordero Verde, presidente de Trans Miño LGTBIQ+, fai un chamamento á poboación que tiveron algunha práctica de risco, que se poñan en contacto coa devandita asociación, para así ofrecerlle o tratamento canto antes, que é unha das razóns polas que a Dirección Xeral de Sanidade Pública puxo en mans das asociacións este programa.
Para poder realizar a proba de VIH, os/as usuarios/as pódense poñer en contacto coa asociación no teléfono 626 420 874 ou mesmo na sede anteriormente dita, en horario de tarde.
Ningún comentario:
Publicar un comentario