Oia vai acoller unha mesa sectorial sobre mobilidade
• Terá lugar o xoves día 2 de marzo ás 20:00h na Casa Cultural de Pedornes, nun acto aberto a toda a cidadanía.
Infogauda / Oia
A Casa da Cultura de Pedornes (Oia) vai acoller este xoves día 2 de marzo ás 20:00h, unha mesa sectorial sobre mobilidade, que contará coa participación de Gerardo Rodríguez Refojos, candidato polo PSdeG-PSOE á alcaldía de Oia; Gregorio Agís, deputado provincial do PSdeG-PSOE; Iria Lamas, deputada provincial do PSdeG-PSOE, e Olga Alonso, deputada no Congreso dos Deputados.
“Nesta mesa sectorial, aberta a toda a cidadanía de Oia, falarase sobre a mobilidade, un dos grandes problemas do municipio e que ten que ser tratado en profundidade para dar con solucións axeitadas que faciliten e melloren a vida dos nosos veciños e veciñas”, indicou Gerardo Rodríguez.
O candidato do PSdeG-PSOE á alcaldía oiense, lembra que “Oia conta cun total de 6 parroquias, moitas delas afastadas no rural, polo que é preciso mellorar a comunicación entre elas, facilitando a todos os veciños e veciñas un desprazamento axeitado para poder facer accións tan cotiáns coma acudir ao centro médico, facer a compra, ir ao Mercado, desprazarse aos centros de ensino, entre outros.
Tamén é preciso mellorar a accesibilidade para persoas con mobilidade reducida, tendo constancia de numerosos puntos no nosos municipio onde hai que actuar para facilitar a liberdade de movemento destes veciños e veciñas, mellorando deste xeito a súa calidade de vida.
Dende o PSdeG-PSOE de Oia convidamos a todos os veciños e veciñas de Oia a participar nesta mesa sectorial, para coñecer as diferentes alternativas existentes sobre mobilidade e ver a viabilidade das mesmas para poder poñelas en marcha no noso municipio”.
Gerardo Rodríguez valora moi positivamente esta mesa sectorial en Oia, posto que “a mobilidade é un dos problemas fundamentais do noso concello e hai que atopar solucións”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario