5 de feb. de 2023

DEPORTES

ATLETISMO 

MARÍA DOLORES MARTÍNEZ VICENTE, DE O ROSAL, LOGROU A MEDALLA DE BRONCE, NO 10 KM EN ROTEIRO, NA CATEGORÍA MÁSTER

• No XXXIV Campionato Xunta de Galicia Absoluto, masculino e feminino, de marcha en roteiro  


María Dolores Martínez Vicente (Loly), coa súa medalla

Sociedade Atlética do Trega / Tomiño

 A marchadora rosaleira María Dolores Martínez Vicente, da Sociedade Atlética do Trega vén de lograr en Armes (A Coruña), o bronce autonómico no 10 km en roteiro, na categoría Máster.  Foi este domingo, no que o protagonismo das categorías de maiores, foron nosas veteranas, que se luciron no XXXIV Campionato Xunta de Galicia Absoluto masculino e feminino de marcha en roteiro. 

 A máis destacada foi Loly como se fai chamar no club, onde disputou o 10km en roteiro rexistrando un fantástico tempo para ser unha atleta non moi experimentada nesta disciplina. 

 Concluíu cunha 3ª sensacional posición, facendo 1 hora 17" 07 - cunha marxe de mellora abisal -,  que lle deu o bronce na categoría Máster 45-F, e dese xeito asegura con firmeza que a escola do Trega xa ten substitución para o futuro, 

 Tamén a súa valente compañeira Sandra Bautista Martínez, de Goián, fixo a súa primeira intervención co 10km en roteiro logrando completar a proba facendo 1 hora 25" 50, conseguindo a 5ª posición da categoría Máster 45 feminino.  

 Felicidades mozas!

Ningún comentario:

Publicar un comentario