5 de feb. de 2023

DEPORTES

ATLETISMO

ALAN DE LA FUENTE MACULEWICZ E SERGIO SILVA SOUTO, LOGRARON MEDALLAS DE BRONCE 

 No Campionato Galego Xunta de Galicia de Atletismo, de categorías menores de pista cuberta


Alan de la Fuente Maculewicz - á der. - no podio coa súa medalla

Sociedade Atlética do Trega / Tomiño

  Este sábado o noso club - Sociedade Atlética do Trega -, levou varios atletas para disputar o seu respectivo autonómico Indoor das categorías de base Sub-10, Sub-12 e Sub-14 onde estiveron só os mellores do panorama galego estatal nas súas respectivas probas con marca mínima e unha limitada participación por proba. 

 O noso club levou ata 6 agraciados, entre eles sen dúbida as máis destacadas da expedición tomiñesa foron as intervencións a cargo de Alan de la Fuente Maculewicz que participou na proba de 1.000 metros lisos, categoría Sub-10 masculino, conseguindo unha fantástica 3ª posición cun gran rexistro de 3´36" que lle deu o bronce autonómino.

 

Sergio Silva Couto - á der. do podio - coa súa medalla

 A segunda medalla de bronce logrouna o atleta tomiñés Sergio Silva Couto, coa súa participación na proba de 1.000 metros lisos, na categoría Sub-12 masculino, cun fantástico rexistro de 3´20"04, facendo mellora da súa marca mínima persoal (m.m.p) en máis de 12" conseguindo o mesmo que o seu anterior compañeiro. 


Membros da expedición da Sociedade Atlética do Trega

 Tamén queremos destacar os posto dos outros intervenientes:  

50 ml, Sub-10 feminina: Nadia Coello Bascoy, 4ª clasificada na xeral, 8" 40. 

60 ml, Sub-12 masculino: Xoel Pérez Montero, 1º na súa serie e 11º na xeral,  9"38. 

1.000 ml, Sub-12 feminino: Alba Vasconcellos Rodríguez, 2ª na súa serie e 8ª na xeral, 3´44"04. 

1.000 ml, Sub-12 masculino: Marco de la Fuente Maculewicz, 1º na súa serie e 18º na xeral, 3´44" 85.  

 Moitas felicidades!

Ningún comentario:

Publicar un comentario