7 de feb. de 2023

A GUARDA

Queres participar nun intercambio para mozas e mozos de A Guarda e Caminha?  

As inscricións para participar no proxecto “O río que nos une” xa están abertas.  




Infogauda / A Guarda

 Xa está aberta a pre-inscrición para a participación no proxecto O río que nos une impulsado pola Asociación para a Formación e Cooperación en Europa  FOCO, con sede na vila de A Guarda; a Câmara Municipal de Caminha, e o Concello de A Guarda, que consta de tres encontros de fin de semana gratuitos no Mosteiro de Sâo Joâo D'Arga, en Caminha (Portugal).  

 Nos encontros participarán 20 mozas e mozos entre eles 10 de A Guarda e 10 de Caminha, cunha idade comprendida entre os 14 e os 19 anos. Estes encontros serán de fin de semana dende o venres ata o domingo despois de xantar.   

 As datas previstas son:  

24, 25, 26 marzo 

28, 29, 30 abril 

26, 27, 28 maio  

 O principal obxectivo será o de coñecer a persoas da outra parte da desembocadura do río e identificar os puntos e inquedanzas comúns e deseñar actividades para mocidade que posteriormente financiarán e implementarán os dous municipios.   

 O acceso ao formulario de inscrición é a través da ligazón https://forms.gle/uPhoKwdwW1gPavGv9  

 Máis información na Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) de A Guarda, cuxo enderezo electrónico é o seguinte: informacion@aguarda.es 

Ningún comentario:

Publicar un comentario