7 de feb. de 2023

A GUARDA

O Concello de A Guarda pon a disposición dos veciños e veciñas estructurante para compost 




Infogauda / A Guarda 

 O Goberno municipal de A Guarda, vén de facer público no día de hoxe, que o Concello, a través da concellería de Medio Ambiente, pon a disposición dos veciños e veciñas estructurante (madeira triturada)  para todo aquela persoa que o precise para facer compost.  

 As persoas interesadas so teñen que acudir ao Punto Limpo da Sangriña, de luns a venres, no seu horario habitual de funcionamento, de 8:00 a 14:30h e tamén os sábados de 8:30 a 13:00h cunha bolsa/saco ou capacho, e facilitaráselles o estructurante ata fin de existencias.

Ningún comentario:

Publicar un comentario