3 de feb. de 2023

A GUARDA

Citas para a renovación do DNI na vila de A Guarda 

 Para o mes de febreiro

  


Infogauda / A Guarda

 O vindeiro martes día 7 de febreiro de 2023 xa se poderán solicitar no concello de A Guarda, as citas para a visita da unidade móbil do Corpo Nacional de Policía de Vigo, para a renovación do Documento Nacional de Identidade (DNI) correspondente ao mes de febreiro de 2023.  

 A apertura do prazo para a solicitude de novas citas comezará na data indicada, preferentemente de xeito telefónico no 986 610 000 de 9:00 a 14:00h ou presencialmente na Casa dos Alonso.  

 A unidade móbil desprazarase ata A Guarda o 20 de febreiro e a recollida de documentos terá lugar o 23 deste mes.  

 Ata entón, aquelas persoas que de xeito urxente necesiten realizar a renovación do seu DNI, poderán acudir ás oficinas de expedición de Tui (na rúa Párroco Rodríguez Vázquez, 3) ou de Vigo (rúa Álvaro Cunqueiro, 6) previa solicitude de cita no teléfono 060 ou ben a través da páxina web www.citapreviadni.es

Ningún comentario:

Publicar un comentario