MANIFESTACIÓN EN DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA
• O 12 de febreiro en Santiago de Compostela
Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Guarda
A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Guarda, xunto co resto das plataformas en defensa da sanidade pública de Galiza súmase a manifestación convocada por SOS Sanidade Pública contra o deterioro do servizo sanitario público.
A manifestación sairá ás 12 da mañá desde a Alameda de Santiago de Compostela o próximo domingo 12 de febreiro. Desde A Guarda sairán autobuses a un prezo de 3 €. As persoas que queiran reservar praza, poden facelo no teléfono 986 610 465 ou ben a través das páxinas web dos concellos que forman parte da Mancomunidade do Baixo Miño.
As políticas de privatización e recortes na sanidade pública desenvoltas polo PP desde que chegou á Xunta de Galiza leváronnos á situación actual, por iso desde as Plataformas e organizacións integradas en SOS-Sanidade Pública, chamamos a dar unha resposta contundente e unida de toda a sociedade galega.
Rebelarse contra esta situación é unha auténtica necesidade porque está en xogo a nosa saúde e o noso futuro. Fronte a implantación progresiva dun modelo privatizador da saúde á que só vai ter acceso quen poda pagala, deamos un paso máis na defensa da sanidade pública para todas as persoas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario