No pleno desta mañá na Deputación de Pontevedra
Cubela: “PSOE e BNG volveron a votar en contra dos concellos, da deputación e dos veciños da provincia”
Grupo Provincial do Partido Popular na Deputación de Pontevedra
• “Votar non a reclamar ao Goberno central que aumente os fondos do DUS 5000 é votar en contra dos concellos, da propia deputación e dos veciños da provincia. Nós pedimos que 27 proxectos da provincia de Pontevedra que quedaron excluídos por falta de fondos reciban un si, pero vostedes deixaron de ser unha administración útil xa non só para os concellos, tamén para a Deputación”.
• “Estes fondos europeos supoñían unha oportunidade importante para os pequenos e medianos concellos deste país, non vai haber outra oportunidade así para eles, porque todo vai para as cidades e as vilas. Pero vostedes sempre elixen poñerse de lado do seu partido, porque no seu grupo político non hai deputado de ningún concello de menos de 10 mil habitantes”.
• Confronta dous modelos de Goberno, “o que representan vostedes, os socialistas nas institucións, que é o Goberno da foto, e o que representa o Goberno galego, que é o dos feitos”.
• Critica que a deputación deixou de ser unha administración útil para os concellos e para a propia institución provincial: “Os alcaldes que quedaron excluídos pídennos axuda, incluídos os socialistas, porque saben que vostedes sempre elixen poñerse de lado do seu partido en Madrid en lugar de defender aos concellos. E isto é así porque no seu grupo non existe un só deputado que represente a concellos de menos de 5.000 habitantes e ignoran as súas necesidades”.
CONSEGUEN QUE A DEPUTACIÓN AXUDE ECONOMICAMENTE AOS CONCELLOS QUE SUFRIRON DANOS COS TEMPORAIS
• Cubela destaca a rectificación do Goberno provincial, que acepta finalmente aprobar axudas para os concellos que sufriron danos nas súas infraestruturas durante os temporais do Nadal.
• “Salientamos a rectificación do Goberno e que acepte a nosa proposta para aprobar axudas da Deputación e dar unha resposta conxunta, co Goberno central e coa Xunta, a unha situación extraordinaria. Esta é a política que esperan os cidadáns”.
• Pola contra, chamou a atención na posta en escena do PSOE no Baixo Miño, na que Carmela Silva pedía fondos á Xunta pero sen comprometer un só euro da Deputación, “cando é a institución que debe cooperar técnica, xurídica e economicamente cos concellos, especialmente cos de menor capacidade económica e de xestión.
PSOE E BNG REXEITAN RECLAMAR MÁIS EFECTIVOS E MEDIOS PARA A GARDA CIVIL NO RURAL
• Pepa Pardo denunciou que o Goberno central non está cubrindo as xubilacións nin as prazas dos axentes que están en situación de prestación de servicio noutras unidades. Hai un déficit de 138 axentes, nin renovan nin revisan, e esta situación sumada a un aumento da criminalidade, provoca que no rural os veciños estean en situación de alerta.
• “É unha falacia que digan que se incrementaron os efectivos, cando se están desmantelando os cuarteis da garda civil do rural”. Puxo como exemplo que hai un 50% de cuarteis da provincia nos que so se prestan servizos tres días á semana.
• “Esta moción reclama seguridade. Non hai medios nin humanos nin técnicos para dar cobertura aos concellos do rural, é incomprensible e unha lástima que este Goberno provincial non apoien hoxe esta proposta”.
• Os datos son oficiais do Ministerio de Interior, actualizados esta mesma mañá, a taxa de criminalidade aumentou nun 20,4% na provincia. O 56% son cometidos no rural da provincia. “Con estes datos oficiais do Goberno, resulta evidente que é importante reforzar a seguridade nas zonas rurais de Pontevedra, con máis medios e efectivos”.
• Lamentou que mentres noutras deputacións esta moción sae aprobada por unanimidade de todos os grupos, en Pontevedra é imposible porque este Goberno sempre fai seguidismo e defensa a cegas do que marca Madrid.
(R.)
Ningún comentario:
Publicar un comentario