O Concello de A Guarda abre un prazo extraordinario para a presentación de solicitudes de licencia de instalación de terrazas
• Do 1 de febreiro ata o 30 de abril de 2023
Infogauda / A Guarda
O pasado 2 de novembro realizouse a aprobación definitiva da ordenanza reguladora da instalación de terrazas en espazos públicos no Concello de A Guarda e que xa está en vigor.
"Tendo en conta que a entrada en vigor da ordenanza tivo lugar cando xa transcorrera unha boa parte do prazo que a mesma outorga para a presentación de solicitudes, e considerando axeitado o establecemento dun novo prazo con carácter extraordinario, aos efectos de permitir a presentación de solicitudes para o ano en curso, prazo que terá carácter excepcional"; a administración municipal acordou "a apertura dun prazo extraordinario para a presentación de solicitudes de licencia de instalación de terrazas no concello de A Guarda que abarca dende o 1 de febreiro ata o 30 de abril de 2023."
Para facilitar o coñecemento desta nova ordenanza municipal e a súa tramitación achéganse os documentos de referencia:
Ningún comentario:
Publicar un comentario