“Quérome, cóidome”, obradoiros de autocoidado para mulleres
• O Concello de A Guarda lanza a súa segunda edición
Infogauda / A Guarda
O Concello de A Guarda, a través do Centro de Información á Muller (CIM), vén de lanzar a segunda edición dos obradoiros “Quérome, cóidome”. de autocoidado para mulleres.
Nesta convocatoria, os obradoiros están pensados para aprender a querernos e coidarnos, sentirnos mellor, traballar e aumentar a nosa autoestima e compartir experiencias.
Os obradoiros, destinados a mulleres maiores de 55 anos, realizaranse todos os martes entre o 7 de febreiro e o 18 de abril en dúas parroquias da nosa vila, na Gándara (Salcidos) de 16:00 a 17:30h e en Camposancos, de 18:00 a 19:30h.
A iniciativa conta co financiamento do Ministerio de Igualdade a través de fondos do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.
Máis información e inscricións no CIM de A Guarda, no teléfono 986 61 46 48 ou en muller@aguarda.es
Ningún comentario:
Publicar un comentario