O Concello de A Guarda lanza unha enquisa en liña para coñecer as necesidades formativas to tecido empresarial local
• A concellería de Desenvolvemento Local prepara para este ano 2023 diversas píldoras formativas orientadas a favorecer a competitividade do sector hostaleiro e comercial da vila.
Infogauda / A Guarda
O Concello de A Guarda, a través da concellería de Desenvolvemento Local que dirixe Fátima Rodríguez Marcos, lanza unha enquisa para coñecer as necesidades formativa do tecido empresarial da vila, especialmente para o sector da hostalaría e comercio.
"Neste ano 2023 programaranse diversas píldoras formativas orientadas a favorecer a competitividade do sector hostaleiro e comercial da vila e é por iso que se quere coñecer cales son as demandas formativas existentes entre os empresarios e empresarias para facer unha formación axeitada ás súas necesidades", indica Fátima Rodríguez.
Entre as propostas de formación para hostalaría destacan accións sobre cata de cafés, Latte Art (técnica que se utiliza para a realización de debuxos na superficie do café), barista básico, coñecementos xerais do café, tiraxe de cervexa, empratados e presentacións, servizos de mesa, cata de viños, mellora da reputación en liña, publicidade en Facebook e Instagram, ciberseguridade empresarial (antivirus, copias de seguridade, VPN´s...) ou marketing por correo electrónico
No caso do comercio as propostas van encamiñadas a accións sobre publicidade en Facebook e Instagram; ciberseguridade empresarial - antivirus, copias de seguridade, VPN´s (Redes privadas virtuais),...-, ou marketing por correo electrónico.
Os empresarios e empresarias interesados/as en participar poden encher as enquisas ata o 31 de xaneiro de 2023, data na cal se pecharán as mesmas e se valorarán aquelas accións formativas máis demandadas, para axendar a súa realización en función dos horarios máis axeitados, que tamén se teñen en conta nas sondaxes.

Ningún comentario:
Publicar un comentario