10 de nov. de 2022

CAMINHA

CINEMA

Boletim da Sessão nº 516 - "O Médico e o Monstro" de Victor Fleming (1941) 

Sexta-feira, 04 de novembro às 21:45 no Teatro Valadares

ATENÇÃO: Lotação Limitada. Entrada Gratuita.




Locus Cinemae / Caminha

 “Realizada dez anos depois do belíssimo filme de Mamoulian, esta é possivelmente a mais famosa das versões cinematográficas do romance de Robert Louis Stevenson, ainda que não seja a melhor.  

 “Dr. Jekyll And Mr. Hyde” de Fleming teve, contudo, um impacto considerável devido aos notáveis efeitos especiais e às interpretações de Spencer Tracy e Ingrid Bergman. Esta última trocou, à última hora, o seu papel com o de Lana Turner, a quem deixou a personagem “boazinha”. O dela é o de Ivy Pearson, a personagem de Miriam Hopkins no precedente Mamoulian. “A sublime Ingrid Bergman tem aqui a primeira das suas grandes composições dessa personagem ambígua misto de prostituta e santa, masoquista na forma como se entrega ao sofrimento, que antecipa as de “Gaslight“, “Notorious“, “Under Capricorn“, e que Rossellini ‘canoniza’ em “Stromboli” (Manuel Cintra Ferreira). Texto: Cinemateca Portuguesa”  

https://cinecartaz.publico.pt/filme/o-medico-e-o-monstro-19180        

FICHA TÉCNICA:  

Título original: “Dr. Jekyll and Mr. Hyde”, EUA, 1941  

Realização: Victor Fleming  

Produção: Victor Fleming e Victor Saville  

Argumento: John Lee Mahin [a partir do argumento de 1931, de Percy Heath, Samuel Hoffenstein e Paul Osborn, baseado no livro “The Strange Case of Dr Jekyll and Mr Hyde” de Robert Louis Stevenson]  

Música: Franz Waxman  

Fotografia: Joseph Ruttenberg  

Montagem: Harold F. Kress  

Caracterização: Jack Dawn  

Efeitos Especiais: Warren Newcombe  

Duração: 113 minutos     

FICHA ARTÍSTICA:  

Spencer Tracy …. Dr. Henry Jekyll / Mr. Hyde  

Ingrid Bergman …. Ivy Peterson  

Lana Turner …. Beatrix Emery  

Donald Crisp …. Sir Charles Emery  

Ian Hunter …. Dr. John Lanyon  

Barton MacLane …. Sam Higgins  

C. Aubrey Smith …. bispo Manners  

Peter Godfrey …. Poole



Programação   

Ciclo Cinema e Literatura 

04 de novembro, “O Médico e o Monstro”, Rouben Mamoulian,  EUA, 1931, Sessão 515 (s/ classificação)  

11 de novembro, “O Médico e o Monstro”, Victor Fleming, EUA, 1941, Sessão 516 (s/ classificação)  

18 de novembro, “Dom Quixote”, Orson Welles (ed. Jesús Franco), Espanha / Itália / EUA, 1992, Sessão 517 (M/12)  

25 de novembro, “A Ilha do Adeus”, Franklin J. Schaffner, EUA, 1977, Sessão 518 (s/ classificação)



O ROSAL

UN INFORME SOBRE ‘SUSTENTABILIDADE E ECONOMÍA VERDE’ NO TERRITORIO DO RÍO MIÑO SINALA A SILVICULTURA COMO  FACTOR DE COMPETITIVIDADE NO FUTURO    

 O Rosal acolleu hoxe unha xornada de traballo sobre ‘A sustentabilidade do sector primario’ no que participaron o profesor Xavier Martínez Cobas e representantes de ACUBAM, Terras Gauda, Raíz da Terra e Adega Cooperativa Regional de Monçao  


O AECT Rio Minho presentou hoxe en O  Rosal o informe sobre ‘Sustentabilidade e Economía Verde’ no territorio miñoto elaborado dentro do Observatorio de Dinámicas Transfronteirizas (ODT) do Rio Minho por especialistas da Universidade de Vigo e o Instituto Politécnico de Viana do Castelo

Fotos: D.PO.



Infogauda /O Rosal

 O AECT Rio Minho presentou hoxe en O  Rosal o informe sobre ‘Sustentabilidade e Economía Verde’ no territorio miñoto elaborado dentro do Observatorio de Dinámicas Transfronteirizas (ODT) do Rio Minho por especialistas da Universidade de Vigo e o Instituto Politécnico de Viana do Castelo. Entre moitas ideas de desenvolvemento circular para a zona subliñouse unha conclusión clara: a silvicultura será un importante factor de competitividade no futuro do territorio. 

 No encontro participaron a alcaldesa do Rosal Ánxela Fernández Callís, o técnico de proxectos do AECT Rio Minho Luís Ulloa que presentou o Observatorio de Dinámicas Transfronteirizas (ODT), e o propio coordinador do ODT e profesor da UVigo, Xavier Martínez Cobas, quen expuxo o último estudo realizado sobre o territorio. Tamén participaron na mesa redonda sobre ‘A sustentabilidade no sector primario’ a presidenta de ACUBAM, María Victoria Álvarez Fernández; o responsábel de Raiz da Terra, José Augusto Martín; o director técnico de Terras Gauda, Emilio Rodríguez Canas;  e o presidente da Adega Cooperativa Regional de Monção, Armando Fontainhas, baixo a moderación da alcaldesa de Tomiño, Sandra González Álvarez. 

 O profesor Cobas sinalou que as numerosas crises e fracasos asociados ao paradigma económico en vigor incrementaron a necesidade de buscar unha economía respectuosa co ambiente, reaccionando ante a combinación da crise climática, a degradación e a escaseza da auga e a perda da biodiversidade. En concreto, no caso do sector agrario no territorio do Río Miño, Martínez Cobas explicou que o desenvolvemento da economía verde e a sustentabilidade “atópanse ben situados respecto de Galicia e Portugal”. 

 Segundo salientou, no informe estudáronse as actividades de agricultura, gandaría, caza e actividades relacionadas; as actividades de silvicultura e explotación forestal; as de pesca e acuicultura; e as de extracción de produtos minerais na zona, observándose que son maioritarias as primeiras, ocupando un papel relevante na economía da área transfronteiriza. O segundo lugar ocúpano as empresas dedicadas á pesca, esencialmente situadas nas zonas costeiras do AECT Rio Minho e algunhas máis ao interior, vinculadas á pesca do río.  

 De maneira específica, Cobas defendeu que “a silvicultura é a actividade que menos importancia ten no territorio, aínda que o número de empresas é tamén considerable”, mais subliñou que as empresas de silvicultura son as únicas que están a crecer no territorio. “Este aspecto sinala que a silvicultura posiblemente sexa un importante factor de competitividade deste territorio no futuro”, subliñou. 

 Neste sentido, destacou que o grande desafío é evitar os incendios e os seus efectos, e en particular o efecto dos grandes incendios, coma os vividos en 2017. “Con este fin, a silvicultura preventiva pode ser a maior ferramenta de protección. O tratamento das árbores, a elección de especies e os modelos de explotación, limitando as localizacións nos puntos críticos, son liñas a seguir”, dixo. 

Fertilizantes co bagazo e placas solares para eficiencia enerxética  

 Por outra banda, o profesor tamén destacou no informe que todas as todas as actividades asociadas á economía circular están a incrementar o número de empresas no territorio, indicando que na área do AECT Rio Minho estanse a valorar actividades asociadas á economía da enerxía eléctrica ou valorización e xestión de residuos, como tendencia a unha maior sustentabilidade. Destacou que no caso da viticultura e a planta ornamental é preciso desenvolver subprodutos compatibles co medio, limitando o uso de compoñentes químicos que danen a biodiversidade. 

 Neste sentido, na mesa de debate sobre a sustentabilidade no sector da vitivinicultura, Terras Gauda acudiu como exemplo dunha empresa importante da bisbarra con proxectos pioneiros, como o que na actualizade está a desenvolver para converter o bagazo en fertilizante e pesticida de calidade grazas ao estudo denominado ‘Vitalver’. A contraparte do país veciño unha das entidades dos vinhos verdes que máis importancia teñen na subzona de Melgaço-Monção como é a Adega Cooperativa Regional de Monção explicou tamén o seu proxecto de eficiencia enerxética coa instalación de paneis solares, que permiten traballar con menos consumo enerxético e menos custos de funcionamento. 

 O obradoiro desenvolveuse no ámbito do Proxecto ‘Rede de Apoio as dinámicas locais de cooperación no rio Miño transfronteirizo’ (REDE_LAB_MINHO), financiado polo Programa lnterreg V-A España Portugal (Actividade 2 – Construción e dinamización de unha rede de cooperación e observación das dinámicas transfronteirizas).

O ROSAL

O ROSAL PECHARÁ AS SÚAS XORNADAS DE PATRIMONIO ACHEGÁNDOSE A UNHA DAS MINAS ROMANAS SUBTERRÁNEAS MÁIS GRANDES DE GALICIA 

 Este sábado 12 de novembro o Centro Social Polivalente acollerá unha charla do xeólogo Óscar Pazos sobre a mina galaico-romana de ouro das Bornas  


Paraxe onde está o conxunto mineiro de As Bornas (O Rosal)
Foto: C.O.R.

Infogauda / O Rosal

 O Concello do Rosal pechará esta fin de semana a segunda edición das súas Xornadas de Patrimonio, unha serie de actividades gratuítas para todos os públicos levadas a cabo durante os meses de outubro e novembro “para dar a coñecer e poñer en valor o patrimonio material e inmaterial rosaleiro e do Baixo Miño”, como explica a alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández Callís.  

 Estas xornadas baixarán o pano achegándose á que é unha das minas romanas subterráneas máis grandes de Galicia, á das Bornas, en Tabagón. Así, este sábado 12 de novembro o xeólogo Óscar Pazos falará ao público asistente da mina galaico-romana de ouro das Bornas, un patrimonio de máis de dous mil anos de antigüidade, cunha extensa rede que o propio Pazos sacou á luz estudando a zona tras a localización de novos pozos durante os labores de limpeza dos comuneiros de San Miguel e Pías. A aparición de varios dos principais foxos mineiros da Borna Grande permitiu facer unha exploración do seu interior mediante xeofísica de resistividade e coñecer un pouco máis sobre o interior desta mina de ouro con labouras subterráneas que alcanzan cando menos os 25 ou 30 metros de profundidade, o que a converte nunha das minas subterráneas máis grandes das coñecidas en Galicia.  

 Óscar Pazos Rodríguez, xeólogo dende 1992, comezou a investigar a minaría galaico-romana de ouro por casualidade e xa leva unha década afondando nela. En 2018 publicou o libro ‘A invención da Gallaecia e a minaría de ouro’, do que agora está a escribir unha nova edición. Ademais, tamén presenta os novos achados en congresos e publicacións especializadas, aínda que o que máis lle gusta é facer andainas polas minas para ensinarllas á veciñanza e ás persoas interesadas no patrimonio e na historia do Rosal.  

 A charla será no Centro Social Polivalente ás 11.00 horas e, tras ela, ás 12.00 horas, organizarase unha visita guiada á mina romana da Borna. A alcaldesa convida a toda a veciñanza “a participar nesta nova actividade dunhas xornadas que buscan achegar a todos os rosaleiros e rosaleiras a aspectos fundamentais para coñecer, entender e valorar como é o noso concello hoxe en día”.

O ROSAL

Un viñedo, innovador escenario do XXIV Trofeo Montes de Eiras de ciclocross  

 A carreira reunirá este sábado 12 de novembro a 300 participantes nun circuíto que transcorrerá polo viñedo da adega Terras Gauda   


A alcaldesa, Ánxela Fernández Callís - no centro da imaxe -, durante o acto de presentación, que contou con representantes do Concello, do  Club Ciclista O Rosal, da Federación Galega de Ciclismo, da Xunta de Galicia e da bodega Terras Gauda

Foto: C.O.R.

Infogauda / O Rosal

 O Trofeo Montes de Eiras de ciclocross celebra a súa 24 edición nun escenario moi especial. Esta fin de semana esta carreira organizada polo Club Ciclista O Rosal coa colaboración do Concello celebrarase por primeira vez nos viñedos da adega Terras Gauda, un circuíto único e innovador a nivel autonómico, xa que non existe ningunha outra competición ciclocross en Galicia que se desenvolva nunha paraxe similar.  

 “Estamos ante unha carreira moi novidosa na que poderemos desfrutar dun circuíto singular que será un elemento distintivo deste trofeo e que permitirá a todo o público coñecer unha parte moi importante do noso municipio. É, sen dúbida, un percorrido espectacular que reflicte perfectamente a identidade do propio Rosal”, salientou a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís, durante o acto de presentación, que contou con representantes do Concello, do  Club Ciclista O Rosal, da Federación Galega de Ciclismo, da Xunta de Galicia e da bodega Terras Gauda. 




 En total serán 300 deportistas os que participarán este sábado 12 de novembro dende as 13.30 horas en ata 15 categorías diferentes, polo que sobre o terreo haberá ciclistas dende os 12 anos ata maiores de 60. A carreira transcorrerá por todo o viñedo, polo que o público poderá ver por primeira vez o circuíto completo dende diferentes posicións, dada as características do terreo. 

 Dende o Concello quérese felicitar ao Club Ciclista O Rosal pola organización deste gran evento nunha contorna espectacular e agradecer á bodega Terras Gauda a súa colaboración e implicación neste trofeo único, así como de Deporte Galego da Xunta de Galicia, da Federación Galega de Ciclismo, de todas as empresas e entidades colaboradoras e do equipo de voluntarios de Protección Civil.

OIA

A Xunta de Galicia e o Concello de Oia reúnense para impulsar a tramitación da modificación puntual urbanística que permitirá recuperar o mosteiro  

 A directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo mantivo unha xuntanza esta mañá coa alcaldesa e varios técnicos municipais 

 Encarnación Rivas informou dos pasos urbanísticos e ambientais a seguir co fin de axilizar a aprobación dos cambios nas normas subsidiarias que rexen neste concello 


A Xunta de Galicia e o Concello de Oia reuníronse esta mañá
Foto: X.G.

Infogauda / Oia

 A Xunta de Galicia e o Concello de Oia reuníronse esta mañá co fin de analizar a situación actual da modificación urbanística promovida polo Goberno local para permitir a recuperación do Real Mosteiro de Oia e tratar de impulsar a súa tramitación nos vindeiros meses.

 A tal fin, a directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas, trasladoulle á alcaldesa, Cristina Correa, ao propietario do Mosteiro de Oia, Juan Martínez, e aos técnicos municipais que os acompañaron durante a xuntanza cales son os principais pasos a seguir tanto desde o punto de vista urbanístico como ambiental para poder avanzar cara á aprobación definitiva dos cambios propostos nas Normas Subsidiarias que rexen neste concello desde o ano 1996.

 Así mesmo, Rivas púxose á disposición do concello para resolver calquera posible dúbida que poida xurdir a partir de agora con relación a esta modificación urbanística, así como para colaborar na medida do posible co fin de contribuír a axilizar os trámites dependentes do seu departamento.

 Cómpre subliñar que os cambios normativos que quere acometer o Concello teñen como obxectivo, entre outras cuestións, dar amparo urbanístico ao proxecto de recuperación do Real Mosteiro de Oia, unha construción que data do século XII e foi declarada Ben de Interese Cultural (BIC) no ano 1931.

 Pertencente á época cisterciense, trátase dun conxunto arquitectónico cun gran valor histórico e patrimonial, de aí o interese municipal por facilitar un encaixe normativo axeitado para o proxecto, que prevé rehabilitar o mosteiro e tamén a súa contorna.

TOMIÑO

O Concello traballa para eliminar a entrada de augas pluviais á rede de saneamento 

 Porá en marcha unha campaña de inspección e control das redes municipais e das conexións particulares para evitar a saturación da EDAR de Tomiño 


Foto: C.T.

Infogauda / Tomiño

 O Concello de Tomiño en colaboración con Aqualia levará a cabo nas vindeiras semanas unha campaña de inspección e control das redes municipais de saneamento e das conexións particulares de augas pluviais co obxectivo de “evitar que, en momentos intensos de choivas como os que estamos a ter, suframos a insuficiencia dalgúns colectores, incapaces de asumir os volumes de augas que reciben para o seu transporte ata a Estación Depuradora de Augas Residuais de Tomiño (EDAR)”, como sinala o concelleiro de Servizos Públicos, Lois Vázquez.  

 Esa conexión irregular nalgunhas vivendas xunto coas infiltracións na rede provocan unha saturación na EDAR de Tomiño, ademais de causar que os colectores non poden facer fronte ao volume de auga que reciben, facendo entrar en carga ás tubaxes e provocando o levantamento de tapas, retrocesos de augas e inundacións, así como problemas no propio tratamento da estación depuradora. 

 Nas vindeiras semanas un técnico encargarase de revisar as posibles verteduras de pluviais ao sistema municipal de saneamento que se poidan estar a producir e de avisar ás persoas propietarias do inmoble.  

 En caso de que algunha vivenda se atope en situación irregular por estas verteduras, o propietario ou propietaria deberán dar os pasos necesarios para regularizar a situación. Para iso será necesario acudir á oficina de Aqualia en Tomiño os mércores e xoves de 09.00 a 13.00 horas, chamar ao teléfono de atención ao cliente 900 81 33 57 ou contactar co Concello a través do teléfono 986 62 20 01, extensión 6, onde a técnica de Medio Ambiente tomará nota do aviso para realizar a posterior chamada ou visita. 

PONTEAREAS

A FACULTADE ÁGORA APLAUDE O MODELO ‘PONTEAREAS VILA 10’ QUE ACADOU EN TRES ANOS 40.000 M2 DE ESPAZO PÚBLICO PARA AS PERSOAS  

 O deputado Uxío Benítez subliñou, no último ‘Obradoiro Ágora’ da Deputación, que a vila é a un referente na provincia pola súa reforma urbana   

 A alcaldesa Cristina Fernández recoñeceu que o goberno provincial tivo un “papel esencial” no proxecto de transformación integral do municipio    


O deputado de Mobilidade e Espazo Público Uxío Benítez con Cristina Fernández - á der. da imaxe -, alcaldesa de Ponteareas, na clausura dos ‘Obradoiros’ da Facultade Ágora

Fotos: D.PO.



Infogauda / Ponteareas

 Os ‘Obradoiros’ da Facultade Ágora remataron hoxe en Ponteareas cun aplauso xeral ao modelo da vila implantado dende a chegada do actual goberno local, que permitiu aumentar a calidade de vida da veciñanza e que gañou, só nos últimos tres anos, 40.000 metros cadrados de espazo público para as persoas retirándollelo aos coches.  

 A vila do Condado foi escenario do último dos talleres de traballo da Deputación neste 2022 que pretenden formar a representantes políticos e técnicos dos concellos da provincia sobre como recuperar o espazo público e fomentar as mobilidades activas. Segundo subliñou o deputado de Mobilidade e Espazo Público Uxío Benítez, Ponteareas é un referente de como se deben facer as cousas recuperando a vila para a xente desenvolvendo unha filosofía que é unha “onda imparable”  a nivel mundial, unha afirmación que tamén corroborou a enxeñeira civil portuguesa Paula Teles, quen participou no taller como observadora externa. 

 O nacionalista destacou que o traballo feito en Ponteareas “é dunha especial satisfacción” porque foi o concello co que a Deputación iniciou tamén o seu cambio de modelo para fomentar a mobilidade natural fronte á motorizada. “Lembro no 2015 ao alcalde Xosé Represas dicíndome que quería facer cousas e que non sabía como. Dende aí soubemos que a Deputación tiña que ser un apoio para axudar aos concellos no novo modelo e comezamos a facer cousas. Hoxe Ponteareas ten un proxecto claro e é un entusiasta participante da Rede Ágora de Concellos polo espazo público”, destacou. 

 A alcaldesa Cristina Fernández, pola súa banda, explicou ás persoas participantes ao taller (persoal de varios concellos da provincia, dos colexios de Arquitectura e Enxeñería así como de empresas de consultoría en mobilidade) que o goberno de Ponteareas, dende 2015, sempre tivo claro que era preciso construír unha vila máis amable.  

 Destacou que os primeiros anos de goberno se centraron en preparar documentación e construír estratexia e que, a partir de 2019, xa comezaron a executarse obras e melloras. “Tiñamos claras as ideas. A nosa acción de goberno fíxose para transformar Ponteareas de maneira integral. Fixemos unha aposta valente e acertamos nas decisións duras”, salientou, facendo unha lembranza e recoñecemento ao traballo co falecido xefe da Policía Local Benigno Moldes.  

 Fernández quixo agradecer á Deputación as súas achegas. Salientou que o goberno provincial tivo un “papel esencial” no cambio da vila, xa que achegou fondos, ideas e asesoramento para levar adiante a reforma urbana. Subliñou as subvencións para realizar o plan de mobilidade, o PMUS, os proxectos de sete rúas que conectan coa praza Bugallal, os fondos do ReacPON para a execución dun camiño escolar seguro ou os convenios e proxectos para outras moitas actuacións. 

 O primeiro tenente de alcalde Roberto Mera completou os datos achegados pola alcaldesa e fixo balance numérico do que se deu en chamar proxecto ‘Ponteareas Vila 10’, nome escollido en referencia á calidade de vida excelente para a veciñanza, e tamén a que se trata dunha localidade na que a mobilidade natural permite desprazamentos a pé en só dez minutos a todos os puntos da vila. 

 Mera destacou que a recuperación de espazo público entre 2000 e 2019 supuxo gañar ao coches 5.500 metros cadrados para as persoas, unha cifra que se multiplicou por oito nos últimos tres anos (2019-2022), chegando ata os 40.000 m2 actuais. Desas superficies, explicou o concelleiro, preto de 34.000 metros foron grazas a peonalizacións, e outros 6.000 debido á ampliación de itinerarios peonís. Agora mesmo, con execución a futuro medio prazo, sinalou que hai proxectos que permitirán recuperar outros 12.300 metros cadrados para a veciñanza. 

 Segundo lembrou o nacionalista, no ano 2019 comezou o groso das obras de transformación do núcleo urbano, da creación de itinerarios peonís, de ampliación de beirarrúas, de peonalizacións, de calmado de tráfico, de melloras de aparcamento, e de eliminación de circuítos de tráfico de paso e axitación mediante a súa reordenación, a eliminación de dobres sentidos, a redución de sobreanchos ou os controis de velocidade, hoxe reducida a 20 km/h e a 10 km/h nas zonas de preferencia peonil. “O resultado está á vista. Teremos que ver se tamén nos presentamos a premios como Pontevedra”, dixo a alcaldesa.

VILA NOVA DE CERVEIRA

CERVEIRA APRESENTA DIAGNÓSTICO  DA POPULAÇÃO IMIGRANTE RESIDENTE NO CONCELHO  

 Apresentação pública (16 de novembro, 18h00, Fórum Cultural de Cerveira), conta com a presença da Alta Comissária para as Migrações. 




Teresa Juncal Pires / Vila Nova de Cerveira

 A Câmara Municipal de Vila Nova de Cerveira vai apresentar, no próximo dia 16 de novembro, o diagnóstico da população imigrante residente no concelho. A apresentação pública realiza-se no Auditório José Manuel Carpinteira do Fórum Cultural de Cerveira, às 18h00, assinalando, também, o Dia Internacional da Tolerância.     

 A sessão iniciará com a intervenção do Presidente da Câmara Municipal de Vila Nova de Cerveira, Rui Teixeira, à qual se seguirá a apresentação do diagnóstico, por José Cunha Machado, Professor da Universidade do Minho. A aplicação dos resultados do diagnóstico no território de Vila Nova de Cerveira, tendo em vista a criação do Plano Municipal para a Integração dos Migrantes, será apresentada por Cristina Martins, Técnica Superior da autarquia cerveirense. A sessão de encerramento ficará a cargo de Sónia Pereira, Alta Comissária para as Migrações. No final da apresentação pública será realizada uma visita guiada à XXII Bienal Internacional de Arte de Cerveira.     

 Com o objetivo de criar um ambiente de maior integração, para o evento foram convidadas centenas de imigrantes a residirem no concelho, entidades de âmbito local – entre as quais as empresas sedeadas em Vila Nova de Ceveira - , distrital e nacional, bem como a população em geral.     

 Para o autarca de Vila Nova de Cerveira “as questões populacionais adquirem, a cada de dia que passa, uma importância acrescida em Vila Nova de Cerveira, no Alto Minho, em Portugal, na Europa e no Mundo, com as mudanças demográficas mais recentes, que, em várias geografias, acentuam tendências que vêm de trás. As questões demográficas, nomeadamente os desequilíbrios demográficos e as políticas de natalidade e de imigração, apresentam-se, hoje, a par das alterações climáticas, das desigualdades sociais e territoriais, do repto das novas tecnologias, das guerras e das pandemias, como um dos maiores desafios que pairam no mundo, obrigando ao estabelecimento de novas prioridades no que à agenda do futuro diz respeito”.     

 Por isso, este estudo visa a elaboração de um diagnóstico da população imigrante residente no município de Vila Nova de Cerveira, tendo em consideração a concretização de três objetivos centrais: determinar a dimensão e representação da população imigrante nas várias freguesias do concelho, conhecer o perfil dos imigrantes numa perspetiva demográfica para a totalidade dos imigrantes residentes e numa perspetiva social para a totalidade dos imigrantes individuais e para os representantes dos agregados familiares, residentes em Vila Nova de Cerveira e compreender a situação dos imigrantes (a partir de uma amostra) em diferentes dimensões, entre as quais, a composição familiar, a habitação, as causas da migração, emprego e empreendedorismo, educação e saúde, assim como, a integração na comunidade e o relacionamento com entidades e serviços públicos.  

 “Será, depois, com base neste Diagnóstico, numa lógica de conhecer mais para agir melhor e contribuir com recomendações para a política pública de integração de imigrantes, que se desenvolverá o Plano Municipal para a Integração de Migrantes (PMIM), tendo em vista o desenvolvimento de políticas públicas  transversais e setoriais, no que às migrações se refere, almejando a atração de novos migrantes, a integração dos imigrantes e a gestão e valorização da interculturalidade” conclui Rui Teixeira.        

RESIDENTES DE NATURALIDADE ESTRANGEIRA NO CONCELHO TÊM AUMENTADO  E É PREMENTE PERCEBER A SUA SITUAÇÃO NAS DIFERENTES DIMENSÕES     

 De acordo com os resultados (ainda) provisórios dos Censos 2021 disponibilizados pelo INE - conforme apresentado publicamente pelo município cerveirense, em março do corrente ano, através da iniciativa “Em Cerveira Acontece” e sob o mote: “Demografia do Município de Vila Nova de Cerveira – Resultados dos Censos 2021 em Debate” -, a população do município de Vila Nova de Cerveira contempla 8.923 residentes, um número inferior ao registado nos Censos 2011 que era de 9.253 residentes, correspondendo a uma variação negativa de 3,6%.  

 A população do município de Vila Nova de Cerveira sendo, em larga medida, de naturalidade portuguesa, tem visto crescer os efetivos de naturalidade estrangeira, tendo aumentado os residentes de naturalidade estrangeira de fora da União Europeia de 414 para 698, passando a representar 7,8% da população em 2021, quando representavam 4,5% em 2011, correspondendo a uma variação positiva de 68,6%. Consequentemente, a população tem sobretudo naturalidade portuguesa, mas os residentes de naturalidade estrangeira têm aumentado a sua representação local, correspondendo já a 12,3%.     

 É neste quadro que o Diagnóstico da População Imigrante Residente em Vila Nova de Cerveira se afigura como premente, visando determinar a dimensão da população imigrante, conhecer o perfil dos imigrantes e determinar a respetiva situação em diferentes dimensões. 

GALIZA

O BNG propón dotar de ambulancias as zonas deficitarias para adaptalas ás necesidades da poboación e cumprir os tempos de resposta na asistencia 

 Mª Montserrat Prado insistiu en dotar de ambulancias de SVA na provincia de Ourense, Lalín-Deza, Bergantiños, Baixo Miño, montaña de Lugo e as zonas afectadas por un servizo deficitario  

 Prado lamentou que, unha vez máis, o Partido Popular impedira que prospera a iniciativa do BNG destinada a resolver as deficiencias do transporte sanitario 


A portavoz de sanidade do BNG, Mª Montserrat Prado Cores, nun momento da defensa dunha proposición non de lei co fin de acadar un acordo parlamentario para resolver as deficiencias no servizos de urxencias extrahospitalarias, aéreas e terrestres no sur de Galiza

Infogauda / Santiago de Compostela

 A portavoz de sanidade do BNG, Mª Montserrat Prado Cores defendeu unha proposición non de lei co fin de acadar un acordo parlamentario para resolver as deficiencias no servizos de urxencias extrahospitalarias, aéreas e terrestres no sur de Galiza ao que sumou a urxencia de dotar de ambulancias nas zonas deficitarias para adaptalas ás necesidades da poboación e cumprir os tempos de resposta na asistencia. Neste sentido, incidiu en dotar de ambulancias de SVA (soporte vital avanzado) na provincia de Ourense, Lalín-Deza, Barbanza, Bergantiños, O Baixo Miño, ou a montaña de Lugo.  

 Na defensa da iniciativa, a nacionalista recalcou que resulta  “imprescindible” que  Galiza conte cunha rede de transporte sanitario terrestre de calidade, de aí que o BNG leve anos demando incrementar os vehículos, persoal e recursos para  garantir unha  “atención de calidade  ás urxencias extrahospitalarias por seren un servizo vital na cadea asistencial”.  

 Prado explicou que a  dotación de vehículos, persoal e  tempo de resposta do servizo poden marcar a diferencia entre un desenlace positivo ou  fatal. Diante dunha emerxencia o “factor tempo e eficiencia é fundamental porque “nas paradas cardiorrespiratorias, ictus, politraumatismos... cada minuto de demora na atención agrava o prognóstico e a supervivencia”. 

 “A diferencia do Partido Popular que xustifica que non existan servizos de pediatría nalgúns países e por esa razón debemos asumir que nós tampouco debemos telos, dende o BNG consideramos que os galegos e galegas merecemos unha atención sanitaria de “calidade” en todas as súas vertentes.  

 Os tempos de resposta deste servizo poden significar  “a vida ou a morte do  paciente” así como a aparición de graves secuelas polo factor tempo como acontece coas paradas cardiorespiratorios ou os ictus”, afirmou Mª Montserrat Prado.    

 Neste contexto, explicou a deputada, a CIG denunciou que  o sábado día 1 de outubro pola tarde, até o día 4, martes, tamén pola tarde, e dicir, durante tres días, o helicóptero que cubre as urxencias sanitarias con base en Ourense estivo inoperativo. Iso significou que “a área sur de Galiza quedou sen posibilidade de transporte aéreo urxente medicalizado”.  

 Esta situación fixo que en todo o país tan só estivera operativo un único helicóptero con base en Santiago de Compostela, xa que Galiza tan só conta con dous helicópteros para atender as urxencias, un con base en Santiago de Compostela e outro en Ourense.  

 A causa alegada para a xustificar a inoperatividade do helicóptero foi unha revisión técnica en cumprimento dos requisitos legais establecidos nos pregos de contratación. Estamos polo tanto, incidiu a deputada,  diante dunha actuación que tiña que ter sido programada, totalmente previsible.  

 “Non é aceptábel” reiterou,  que a empresa concesionaria do servizo, non tivera outra nave dispoñíbel para non deixar sen atención a metade do país, Ourense, parte da montaña de Lugo, zonas do interior de Pontevedra, O Baixo Miño...  Por outra banda, non é de recibo que o 061 tivera que solicitarlle á empresa concesionaria en Ourense do servizo de transporte sanitario urxente unha ambulancia SVA para “cubrir” a ausencia do helicóptero, cando está  foi unha das melloras ofertadas pola empresa, e porque evidentemente non é unha alternativa ao servizo que presta o helicóptero, nin por tempos de resposta, nin ámbito xeográfico.  

 A falta deste helicóptero é especialmente grave, xa que conta cunha  cobertura nunha zona moi deficitaria en canto a dotación de transporte sanitario urxente terrestre:  toda a área sur de Galiza, Ourense, área Sur da provincia de Pontevedra e sueste de Lugo. Zonas afastadas dos hospitais e sen ambulancias de Soporte Vital Avanzado, só hai unha en toda a provincia de Ourense, ningunha ni no Baixo Miño nin nas zonas do interior da provincia de Pontevedra, nin na montaña de Lugo.  

 “Miles de galegas quedaron desprovistos e desprovistas dun servizo de transporte medicalizado rápido en caso dunha emerxencia e a  sanidade pública ten que ser unha prioridade,  e plasmala no orzamento” pero  nos orzamentos  2023 non hai partidas para solucionar os déficits de transporte sanitario urxente, denunciou.  

 A proposición non de lei defendida pola deputada do BNG, Mª Montserrat Prado incluíu  realizar un seguimento continuo e rigoroso do cumprimento dos contratos de transporte sanitario urxente, tanto aéreo como terrestre, abrir expediente á empresa Eliance, concesionaria do transporte sanitario urxente aéreo con base en Ourense, polo incumprimento das condicións establecidas no contrato de ter un helicóptero medicalizado os 365 días do ano, presentar no Parlamento Galego, no actual período de sesións, un informe detallado para  realizar unha inspección xeralizada no transporte sanitario urxente, tanto aéreo como terrestre para comprobar o cumprimento dos contratos e dotar  de ambulancias de SVA  ás zonas deficitarias:  provincia de Ourense, Lalín-Deza, Barbanza, Bergantiños, O Baixo Miño, montaña de Lugo,..., de forma que se adapten ás necesidades poboacionais e de asistencia.  

 O Partido Popular votou en contra da iniciativa nacionalista.    

ARCOS DE VALDEVEZ

Presidente da Câmara solicitou apoio à Ministra da Segurança Social para melhorar respostas sociais  


A Ministra do Trabalho, Solidariedade e Segurança Social, Ana Mendes Godinho, esteve em Arcos de Valdevez

Foto: C.M.A. de V.

María Joâo Brito / Arcos de Valdevez

 A Ministra do Trabalho, Solidariedade e Segurança Social, Ana Mendes Godinho, esteve em Arcos de Valdevez no âmbito da inauguração da requalificação e ampliação do Lar Residencial para pessoas com deficiência, da Santa Casa da Misericórdia de Arcos de Valdevez. 

 Neste ato, o Presidente da Câmara Municipal, João Esteves, destacou a importância deste equipamento para o concelho, o qual contribui para “aumentar a disponibilidade de cuidados para as pessoas portadoras de deficiência no nosso concelho e região (…) melhorar a qualidade de vida das pessoas e das suas famílias ”, e felicitou a Santa Casa da Misericórdia pela “obra de alargamento do Lar para pessoas portadoras de deficiência, pois permite dar apoio a mais 15 utentes, passando a sua capacidade de 15 para 30”. 

 A Câmara Municipal apoiou esta obra com o valor global de 360 mil euros. “Estes são os investimentos que nos têm motivado e que nos fazem acreditar que as parcerias são importantes para fazer avançar a ação social”, disse. João Esteves destacou ainda todo o trabalho que o Município tem feito no âmbito da Rede Social do concelho naquilo que toca ao apoio às pessoas desfavorecidas, à população sénior, na integração de imigrantes, na promoção da igualdade de género, na criação de emprego e rendimento, na melhoria das condições de habitação das pessoas mais desfavorecidas, do apoio aos Lares e creches, obras de melhoria de instalações, aquisição de mobiliário, equipamentos ou viaturas, entre outras.  

 Assim, solicitou à Ministra apoio para: reforçar as verbas dos Acordos de Transferências de Competências na área da Ação Social; apoiar as IPSS´s do concelho na melhoria e alargamento das suas instalações para prestar mais serviços sociais aos mais necessitados; reforço do PARES e do PRR; apoio para melhorar e ampliar a Casa de emergência para vitimas de violência doméstica e para criar uma nova resposta, acompanhamento e apartamento de pré-autonomização; em parceria com as autarquias, apoiar a fixação, regresso e a atração de pessoas para os territórios do interior.

ARCOS DE VALDEVEZ

Programa Municipal de Apoio às Rendas em Arcos de Valdevez 




María Joâo Brito / Arcos de Valdevez

 Na Estratégia Local de Habitação de Arcos de Valdevez, a Câmara Municipal definiu, como um dos pilares de atuação, o mercado de arrendamento, nomeadamente o aumento de habitações para arrendamento a valor acessível.  

 Neste seguimento, a Câmara Municipal aprovou dois tipos de apoios à renda.  No primeiro tipo de apoio a Câmara Municipal pretende apoiar as famílias, subsidiando a renda da habitação própria e permanente, procurando facilitar e aumentar o acesso à habitação com renda acessível.  

 Através do segundo programa, o RAV - Programa Renda Acessível em Valdevez, a Câmara Municipal pretende celebrar contratos de arrendamento com os/as proprietários/as, de habitação, a valores mais baixos do que os praticados atualmente pelo mercado de arrendamento, concedendo ao respetivos proprietários isenção de IRS e Isenção de IMI. Depois, a Câmara Municipal irá subarrendar essas habitações a valores mais baixos a famílias com necessidades de forma a as apoiar a terem a sua habitação a custos acessíveis.  Com estas medidas, o Município irá dar respostas a muitas das necessidades identificadas ao nível da habitação, proporcionando às famílias mais e melhores condições de habitação, contribuindo para a fixação e atração de pessoas para o concelho.  

 Toda a informação sobre estas medidas está disponível no site da Câmara em www.cmav.pt e nos serviços de ação social do Município através dos contactos 258 520 504 ou  social@cmav.pt