16 de dec. de 2022

VIGO

NOTA DE PRENSA DO COMITÉ DE EMPRESA DE POLÍTICA TERRITORIAL PONTEVEDRA



 O Comité de Empresa do persoal laboral de Política Social na provincia de Pontevedra DENUNCIA as graves acusacións vertidas pola asociación de Familiares e Usuarias de Residencias e da Dependencia contra o persoal do Centro de Atención a Persoas Dependentes do Meixoeiro (CRAPD 1). 

 Queremos expresar a nosa profunda indignación perante as infundadas acusacións vertidas nesta entrevista, chegando a afirmar que se están a producir malos tratos sobre os residentes, que se lles somete con suxeicións, se lles retiran e esconden próteses e utensilios básicos, que se lles droga e se lles nega toda atención e outras moitas e moi graves acusacións. MENTEN E DEMOSTRARÉMOLO. 

 Acudiremos a fiscalía para que se investiguen as graves acusacións, que son constitutivas de delito e que se fan contra o persoal do centro amparándose nunhas fotos das que non se poden acreditar nin a súa autoría, nin a súa veracidade. 

 Sempre defendemos e defendermos os servizos públicos de calidade e o bo facer do seu persoal. E non imos permitir que se dubide da nosa profesionalidade. 

 Menten e queren enganar á opinión pública, calumniando e inxuriando ao persoal do CRAPD1 de Vigo. Durante estes anos da pandemia este persoal demostrou sobradamente a súa profesionalidade por salvar as vidas das persoas residentes do centro, incluso poñendo en risco as súas propias vidas. 

 Proba dos bos coidados e servizos que se prestan é a baixa mortalidade que se dou neste centro durante toda a pandemia; nada comparable cos centros privados. 

 Asdo: Bernardina Porral Mosquera, secretaria do comité de empresa,

(R.) 

Ningún comentario:

Publicar un comentario