Polo 40 aniversario da formación
O BNG no Baixo Miño homenaxeará aos seus militantes máis antigos
Este venres 9 de decembro, ás 20:30h nun acto aberto no Centro Goianés, en Goián (Tomiño)
Infogauda / O Baixo Miño
O Bloque Nacionalista Galego organiza un acto homenaxe á militancia histórica da formación nacionalista na comarca.
No acto, que terá lugar este venres día 9 de decembro, ás 20:30 horas, no Centro Goianés de Goián (Tomiño), intervirán Xosé Manuel Méndez e Santos Rodríguez, dous dos militantes históricos da comarca, e Sandra González, alcaldesa de Tomiño.
A maiores, Rubén Cela, presidente da Fundación Galiza Sempre e membro do Consello Nacional do BNG falará do libro “40 anos ao servizo da Galiza. BNG, 1982-2022” no que se recollen episodios como o encarceramento no 1989 de Francisco Rodríguez, pasando pola revolta de Allariz protagonizada por Anxo Quintana até a década de reflexión que se abriu tras Amio en 2012 e o novo teito electoral en escanos das eleccións de 2020. Na obra recóllense tamén imaxes históricas, algunas delas inéditas.
.jpg)
Ningún comentario:
Publicar un comentario