A Mesa pola Normalización Lingüística, o BNG en Tui e Galiza Nova, denuncian unha nova deturpación da nosa toponimia por parte de distintas institucións
Infogauda / O Baixo Miño
Diferentes organizacións (Mesa pola Normalización Lingüística, o BNG en Tui e Galiza Nova) denuncian unha nova deturpación da nosa toponimia por parte de distintas institucións. Esta situación relacionada con motivo de distintos actos que decorrerán durante os vindeiros días 10 e 11 de marzo baixo o título “Reformas educativas Portugal- España en contexto de eurociudades”. Distintas institucións organizadoras entre as que se encontran o Concello de Tui, lanzaron un cartel informativo en lingua española e coa toponimia deturpada.
“A toponimia constitúe unha riqueza e un patrimonio inmaterial do noso país que cómpre manter e preservar por formar parte da nosa identidade colectiva. Xa fai anos fixemos presentamos unha moción en pleno que instaba a mudar unha sinalización co nome do noso concello deturpado e hoxe en día, continúa igual”, afirma Carme Núñez, voceira do BNG en Tui.
A Mesa pola Normalización Lingüística tamén denuncia o caso e lembra que a toponimia galega “está protexida pola lei desde o 83 e vemos que de xeito continuado son as propias institucións as responsábeis de non cumprir co dictado”.
“Xa non é só uso o uso de Tui con i grego senón tamén o nome de Valença do Minho escrito con ñ. Esta lóxica de españolización e deturpación pensábamos que ficaba relegada á axenda da ultradereita. Que as institucións continúen a promover estas aberracións só é unha mostra de desinterese e necidade para con a nosa lingua que deben promocionar e coidar por lei”, apunta Nerea Cazás, membro da dirección comarcal de Galiza Nova no Baixo Miño.
Ningún comentario:
Publicar un comentario